Saltar ao contido

Selección de fútbol sub-23 de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Italia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Asociación FIGC
Confederación {{{Confederación}}}
Código FIFA ITA
Alcume Azzurri
Clasificación FIFA {{{Ranking}}}
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador
Máis encontros
Máximo goleador Nicola Ventola (4)
Estrea internacional
Inglaterra Inglaterra 1 - 0 Italia Italia
Nottingham, Inglaterra; 20 de decembro de 1967
Maior vitoria
Italia Italia 4 - 0 Albania
Foggia, Italia; 19 de xuño de 1997
Italia Italia 5 - 1 Turquía
Bari, Italia; 25 de xuño de 1997
Maior derrota
Suecia 4 - 1 Italia Italia
Växjö, Suecia; 10 de outubro de 1971

A selección de fútbol sub-23 de Italia foi o equipo de fútbol representativo de Italia na categoría de idade igual ou menor aos 23 anos. Xestionada pola Federación Italiana de Fútbol, deixou de usar dita denominación tras a supresión, en 1977, do Campionato de Europa sub-23. A súa herdeira é a selección olímpica, que por normativa internacional ten os mesmos criterios de idade que a antiga sub-23.

O mellor resultado do equipo nas competicións da UEFA foron os cuartos de final do Campionato de Europa sub-23 de 1974. En 1997, vinte anos despois da súa desaparición, volveuse formar brevemente unha selección sub-23 para participar nos Xogos Mediterráneos dese ano, onde o conxunto italiano logrou a medalla de ouro tras golear por 5-1 a Turquía na final.

O equipo xuvenil

[editar | editar a fonte]

A precursora da selección italiana sub-23 foi a selección xuvenil, que debutou o 6 de abril de 1942, en Turín, ante Hungría. En este partido as dúas nacións participaron con xogadores nacidos antes de 1920, polo que de facto eran seleccións sub-23. Despois da segunda guerra mundial o equipo xuvenil disputou partidos con regularidade polo menos ata 1960, sempre con xogadores menores de 23 anos.[1]

O nacemento oficial

[editar | editar a fonte]

A selección sub-23 italiana constituíuse oficialmente en 1967, por resolución do Consello Federal da FIGC, que estableceu que, a partir da tempada 1967/68, a nova selección substituiría á Nacional B.[2] A nova selección fixo o seu debut o 20 de decembro de 1967, nun partido amigable disputado no City Ground de Nottingham contra Inglaterra sub-23, que finalmente gañaron os ingleses por 1-0. O primeiro seleccionador foi Romolo Alzani.[3][4]

A selección italiana sub-23 en Roma no partido de clasificación para o Campionato de Europa de 1976 contra os Países Baixos.

A Copa Latina

[editar | editar a fonte]

Despois doutro partido amigable disputado contra a selección inglesa (1-1 o 25 de maio de 1968 no estadio Giuseppe Grezar de Trieste),[5] o equipo, agora dirixido polo adestrador da selección A, Ferruccio Valcareggi, xogou a Copa Latina sub-23, entre 1969 e 1970.[6] A primeira vitoria da selección sub-23, con todo, tivo lugar nun partido amigable, contra a selección sub-23 de Irlanda do Norte, o 26 de marzo de 1969, en Brescia.[7]

O Europeo Sub-23

[editar | editar a fonte]

Co establecemento do Campionato de Europa sub-23 da UEFA, a selección italiana sub-23 participou neste evento, con resultados variados.[2] Na edición de 1972, de novo dirixida por Ferruccio Valcareggi, foi incluída no grupo 6 con Suecia e Austria. Quedou no segundo lugar do grupo, por detrás dos escandinavos, polo que quedou eliminada.[8]

Na edición de 1974, con Enzo Bearzot como técnico, a selección italiana acadou os cuartos de final, sendo eliminada por Alemaña Oriental.[9] No Europeo de 1976 non conseguiu pasar da primeira fase.[10]

En outubro de 1975, o conxunto sub-23 disputou un encontro en Londres contra o Chelsea, correspondente á Prince Philip Cup, trofeo en homenaxe ao Príncipe Felipe de Edimburgo.[11] O partido rematou 0-0 e a copa foi entregada durante seis meses aos equipo italiano.[11]

A partir da tempada 1976/77, coa supresión do Europeo sub-23, a selección italiana sub-23 pasou a chamarse "experimental".[2] En febreiro de 1976 reapareceu a selección B, dez anos despois do seu último partido, nun encontro en Essen contra Alemaña Occidental B e con Azeglio Vicini como adestrador. A denominación da selección, con todo, non foi unívoca, e a prensa aínda a definiu como sub-23, a pesar da presenza no equipo de xogadores veteranos, como Giacinto Facchetti.[12]

As últimas aparicións

[editar | editar a fonte]

Tralo renacemento da selección B, a selección sub-23 cesou efectivamente a súa existencia. Desde o torneo olímpico de 1992, o regulamento establece que os equipos das seleccións nacionais deben estar compostos por xogadores sub-23.[13] Porén, a FIGC sempre contabilizou os partidos disputados pola selección italiana nos Xogos Olímpicos, así como os de clasificación e de preparación para os Xogos, como partidos da selección olímpica, e non como partidos sub-23.

Para os Xogos Mediterráneos de 1993 os organizadores decidiron abrir o torneo ás seleccións sub-23, pero a FIGC tamén considera estes partidos como disputados pola selección olímpica.

Só para os Xogos Mediterráneos de 1997, disputados en Puglia, se restableceu a definición de selección sub-23, con Marco Tardelli como seleccionador.[14] Italia, tras vencer a Albania por 4-0 e empatar 0-0 con Iugoslavia, na fase de clasificación, eliminou a España en semifinais, cun resultado de 2-0, e venceu a Turquía na final por 5-1, gañando o ouro.[15] Foi a última aparición oficial da selección italiana sub-23, que non volveu ser constituída dende entón.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Seleccionadores

[editar | editar a fonte]
  1. "Italy - U-23 - International Results". rsssf.org (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 A.A. 2003, p. 697.
  3. A.A. 2003, p. 698.
  4. "I giovani azzurri oggi a Nottingham". La Stampa (en italiano). 20 de decembro de 1967. p. 10. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  5. Accatino, Giulio (25 de maio de 1968). "Oggi i giovani calciatori azzurri contro la rappresentativa inglese". La Stampa (en italiano). p. 11. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  6. Accatino, Giulio (16 de outubro de 1968). "Italia e Francia giovani si affrontano oggi a Genova". La Stampa (en italiano). p. 13. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  7. Boccacini, Gigi (27 de marzo de 1969). "Una rete di Vieri decide l'incontro con l'Irlanda: 2-1". La Stampa (en italiano). p. 17. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  8. Perruca, Bruno (22 de novembro de 1971). "Sconfitta-beffa nel finale per un malinteso in difesa". La Stampa (en italiano). p. 8. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  9. Gandolfi, Giorgio (18 de abril de 1974). "Gli azzurri Under battuti nel finale". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  10. Perruca, Bruno (16 de xaneiro de 1976). "Niente da fare contro gli olandesi". La Stampa (en italiano). p. 16. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 Gandolfi, Giorgio (27 de outubro de 1975). "Una coppa principesca (e nove milioni) gli obiettivi dell'Under". La Stampa (en italiano). p. 24. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  12. Bernardi, Bruno (26 de febreiro de 1976). "Essen, vince la Nazionale targata". La Stampa (en italiano). p. 14. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  13. "Barcelona '92" (PDF). FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  14. "Maldini comincia con Inzaghi e Baggio". la Repubblica (en italiano). 27 de abril de 1997. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  15. Giacchino, Claudio (26 de xuño de 1997). "Ventola resta il re di Bari". La Stampa (en italiano). p. 35. Consultado o 8 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • A.A., V.V. (2003). Almanacco Illustrato del Calcio (en italiano). Panini. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]