Brian O'Driscoll
Brian O'Driscoll | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1979 |
Lugar de nacemento | Dublín |
Nacionalidade | Irlanda |
Alma máter | University College Dublin |
Ocupación | xogador de rugby e enxeñeiro |
Cónxuxe | Amy Huberman |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Brian O'Driscoll, nado en Clontarf, preto de Dublín, o 21 de xaneiro de 1979, é un xogador irlandés de rugby. Xoga na posición de centro no Leinster Rugby da Pro12 e na selección de rugby de Irlanda. Foi candidato a ser nomeado mellor xogador internacional do mundo nos anos 2001, 2002 e 2009, aínda que non chegou a gañar ningunha das 3 veces. É o xogador irlandés que máis ensaios anotou na historia do 6 Nacións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De neno xogaba a fútbol gaélico antes de comezar co rugby. Xogou en tódalas categorías inferiores da selección irlandesa, acadando en 1998 o campionato do mundo sub-19. En 1999 debutou con Leinster Rugby e na selección de rugby de Irlanda. O'Driscoll é o capitán de Irlanda dende o 2003, ano da retirada de Keith Wood. Formou parte dos British & Irish Lions nas xiras por Australia de 2001, Nova Zelandia de 2005 (como capitán), e Suráfrica de 2009. Foi elixido mellor xogador do Torneo das Seis Nacións nos anos 2006, 2007 e 2009. Will Carling, importante ex xogador inglés, publicou en 2007 unha lista persoal sobre os 50 mellores xogadores de rugby de tódolos tempos, e O'Driscoll ocupaba a 10ª posición. A revista Rugby World elixiuno como mellor xogador de rugby da década entre 2000 e 2009. É o máximo anotador de ensaios da historia do XV do Trevo, ocupando a 9ª praza na lista dos máximos anotadores internacionais da historia.
O xogo de Brian O'Driscoll é moi veloz, técnico, rompe as liñas defensivas continuamente creando perigo e ocasións para anotar, con cambios de ritmo e dirección espectaculares.
Equipos | Tempadas | Títulos |
Leinster Rugby | 1999 - | 3 Heineken Cup (2008/09, 2010/11, 2011/12), 2 Pro12 (2001/02, 2007/08) |
XV do Trevo | 1999 - | 1 Torneo das Seis Nacións (2009) |