Saltar ao contido

Apiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apiales
Apiales
Takenoshin Nakai 1930 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Taxonomía
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 SubreinoViridiplantae
 OrdeApiales Editar o valor en Wikidata
Nakai, 1930 Apiales Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/0jts Editar o valor en Wikidata
ITIS500017 Editar o valor en Wikidata
OTT372834 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

As Apiales é unha orde de plantas anxiospermas que contén familias moi recoñecidas: cenoria, apio, pirixel, hedra.

No sistema de Cronquist, só se inclúen as Apiaceae e Araliaceae, e a orde situouse coas rósidas máis ca coas astéridas. As Pittosporaceae estaban coas Rosales, e outras formas na familia Cornaceae. As familias están a ser reclasificadas e haberá pequenas variacións, en particular nas Torriceliaceae que poden ser divididas.

Hai tendencia ao paso de formas leñosas a herbáceas. Con condutos resiníferos. Flores pentámeras, hermafroditas, diclamideas, ás veces co cáliz moi pequeno, xineceo ínfero, bicarpelar, de carpelos pechados e estilos libres; en umbelas. Ás veces hai dimorfismo floral.

Importancia nos países tépedos e fríos.

Árbores (algunhas Ferula), arbustos (Bupleurum), e máis frecuentemente herbas, anuais, bianuais ou perennes. Follas case sempre alternas. Contén dúas familias.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Araliales, Pittosporales
  • Chandler, G.T. e G. M. Plunkett. 1994. Evolución en Apiales: marcadores nucleares e cloroplastos xuntos na maioría dos casos en perfecta harmonía. Botanical Journal of the Linnean Society 144: Pag. 123-147 (abstract dispoñible online aquí).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]