Ácido graxo poliinsaturado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido araquidónico, un ácido graxo omega-6 con catro dobres enlaces.

Os ácidos graxos poliinsaturados[1] son ácidos graxos que teñen máis dun dobre enlace entre os seus carbonos. Adoitan facerse referencia a eles polas súas siglas en inglés PUFA (Poly-Unsaturated Fatty Acids). Dentro deste grupo atopamos o ácido linoleico (da familia omega-6) e o ácido alfa-linolénico (da familia omega-3). Ambos son ácidos graxos esenciais para os humanos, xa que non se poden sintetizar.[2] Teñen un efecto xeralmente beneficioso, reducindo o colesterol total no sangue.[Cómpre referencia] O exceso implica a produción de compostos tóxicos. Pódense obter do peixe azul e vexetais como millo, soia, xirasol, cabazas e froitos secos.

Tipos[editar | editar a fonte]

Segundo a posición do dobre enlace máis próximo ao carbono que leva o grupo metilo (-CH 3 ), que é o último carbono da cadea ou carbono "omega", clasifícanse en tres familias:

  • serie omega-3 . O primeiro dobre enlace está situado na posición 3. Exemplo: ácido linolénico .
  • serie omega-6. O primeiro dobre enlace está situado na posición 6. Exemplos: ácido linoleico e ácido araquidónico .
  • serie omega-9. O primeiro dobre enlace está situado na posición 9. Esta familia inclúe tanto ácidos graxos poliinsaturados como monoinsaturados (ácido oleico, que só ten un dobre enlace, situado na posición 9).

A distribución nestas tres series ou familias está relacionada, non só coa estrutura química, senón tamén coa orixe biosintética dos ácidos graxos, común en cada familia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "bUSCatermos; Ácido+graso+poliinsaturado". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-30. 
  2. Jesús Merino Pérez y María José Noriega Borge. Universidad de Cantabria OpenCourseWare, ed. "Vías metabólicas de síntesis de lípidos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]