Feira do viño de Chantada
A Feira do viño de Chantada é unha feira vinícola que se celebra en Chantada, a data de celebración variaba entre os meses de febreiro e abril, pero nos últimos anos estabilizouse na segunda fin de semana de marzo [1]. É a primeira que abre este tipo de eventos e unha das que atrae mas público de todas as que celebran na denominación de orixe Ribeira Sacra.
Nas carpas laterais tamén se pode degustar o viño, con racións de polbo, churrasco e carne ao caldeiro.
Orixe[editar | editar a fonte]
A primeira edición celebrouse no ano 1983, respondendo ó pulo que colleu o sector vitivinícola na zona sur do sur da provincia de Lugo. Inaugúrase o 12 de marzo e acoden como autoridades ó evento Carlos Otero Díaz, naqueles tempos conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia e como primeiro pregoeiro Antón Fraguas Fraguas, catedrático e director do Museo do Pobo Galego.
Pregoeiros[editar | editar a fonte]
- 1983 - Antón Fraguas (catedrático e director do Museo do Pobo Galego)
- 1984 - Paz Lamela Vilariño (directora xeral de Política Lingüística)
- 1985 - Antonio Díaz Fuentes (presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo e deputado no Congreso)
- 1986 - Jorge Víctor Sueiro (escritor e xornalista especializado na crítica gastronómica)
- 1987 - José Luis Dadin Rivadas (director xeral de Consumo da Consellería de Industria, Traballo e Turismo)
- 1990 - Xosé Luís Blanco Campaña (director da Radio Galega)
- 1991 - Xulio Xiz (xornalista, guionista, escritor e produtor galego)
- 1992 - José Manuel Silva (xefe da división de viños e licores da Comisión Europea)
- 1993 - Luís Celeiro (xornalista e xefe do Gabinete do Conselleiro)
- 1995 - Xavier Costa Clavell (escritor e xornalista)
- 1996 - Victoria Rodríguez (presentadora da TVG)
- 1997 - Juan Carlos Fernández Pulpeiro (xornalista e escritor)
- 1998 - Luís Rial (xornalista)
- 2000 - José Manuel Silva (director xeral de Agricultura da UE)
- 2001 - Xosé Cuíña (conselleiro de Política Territorial)
- 2002 - Manuela López Besteiro (conselleira de Familia)
- 2003 - Isabel García Tejerina (secretaria xeral de Agricultura, Alimentación e Desenvolvemento Rural)
- 2004 - Amancio López Seijas (empresa hostaleira Hotusa)
- 2005 - Xosé Manuel Barreiro (conselleiro de Medio Ambiente)
- 2006 - Julio Fernández Rodríguez (expresidente da produtora cinematográfica Filmax)
- 2007 - Francisco González (presidente do BBVA)
- 2008 - Xaquín López García (Xornalista de TVE)
- 2009 - Xosé Ramón Gómez Besteiro (presidente da Deputación de Lugo)
- 2010 - Álvaro Castello-Branco (vicealcalde do Porto, Portugal)
- 2011 - Francisco Rodíguez Iglesias (presidente de Hércules de Ediciones)
- 2012 - Xosé Neira Vilas (escritor galego)
- 2013 - Miguel Anxo Fernán-Vello (escritor e editor galego)
- 2014 - Xulio López Valcárcel (escritor galego) [2]
- 2015 - Luís González Tosar (escritor galego)[3]
- 2016 - Ramón Villares (doutor en Historia)[4]
- 2017 - Bieito Rubido (xornalista)[5]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Concello de Chantada Arquivado 21 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- Turgalicia
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A Feira do Viño de Chantada será coma sempre a segunda fin de semana de marzo", nova na televisión local Televinte, 16 de Xaneiro de 2013
- ↑ "O pregoeiro da Feira do Viño destacou a súa vinculación ás terras chantadinas e á cultura do viño", nova na televisión local Televinte, 10 de Marzo de 2014
- ↑ "Luis González Tosar leu un pregón centrado no viño, o papel da muller e a lingua", nova na televisión local Televinte, 9 de Marzo de 2015
- ↑ "Pregón da Feira do Viño 2016", nova na televisión local Televinte, 15 de Marzo de 2016
- ↑ "Bieito Rubido pronuncia o pregón da Feira do Viño de Chantada", nova no xornal El Progreso, 12 de Marzo de 2017