Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Federico I Barbarroxa")
Federico I Barbarroxa.

Federico I, tamén coñecido como Federico Barbarroxa, nado en 1122 e finado en Anatolia en 1190, foi elixido rei de Alemaña o 4 de marzo de 1152 en sucesión do seu tío Conrado III, e coroado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1155.

Ademais, foi duque de Suabia (Federico III, 1147 - 1190).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Armas dos Hohenstaufen

Fillo de Federico de Hohenstaufen, duque de Suabia, e de Judith de Baviera, da dinastía rival dos Güelfos, Federico era o herdeiro dunha das principais familias de Alemaña, sendo un candidato aceptable para os príncipes electores do Sacro Imperio.

Fixo seis expedicións a Italia; na primeira, foi coroado emperador do Sacro Imperio en Roma polo papa Hadrián IV, despois de obter o control da cidade republicana dirixida por Arnold de Brescia. Por esta causa as relacións entre o emperador e o papa degradáronse, culminando o conflito coa derrota de Federico na batalla de Legnano, preto de Milán, pola Liga Lombarda das cidades do norte de Italia.

Despois de facer as paces co papa Alexandre III, Federico embarcou para as Cruzadas (1189) con Filipe II de Francia e Ricardo I de Inglaterra (Ricardo Corazón de León). Afogaría atravesando o río Saleph, en Silicia, no sur de Anatolia.

O seu fillo Henrique VI sucedeuno como rei dos Romanos e emperador do Sacro Imperio.

Lenda[editar | editar a fonte]

Frederico é o protagonista dunha lenda de heroes dormentes, que di que non está morto, senón adormecido cos seus cabaleiros nunha cova nas montañas de Kyffhäuser, en Turinxia (Alemaña), e que cando os corvos deixen de voar ó redor da montaña el acordará e restablecerá a antiga grandeza de Alemaña. Segundo a historia a súa barba roxa empuxaba a mesa ata onde el estaba sentado. Os seus ollos están medio abertos no seu soño, pero de cando en cando envía un rapaz a ver se os corvos deixaron xa de voar.

Na posteridade[editar | editar a fonte]

A invasión alemá da Unión Soviética en 1941 recibiu o nome clave de Operación Barbarroxa, en recordo de Frederico I.

Predecesor:
Conrado III
Rei dos Romanos
1152 - 1155
Sucesor:
Enrique VI
Predecesor:
Lotario II
Imperial Crown of the Holy Roman Empire.jpg
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1155 - 1190
Sucesor:
Enrique VI
Predecesor:
Federico II
Duque de Suabia
11471152
Sucesor:
Federico IV
Predecesor:
Beatriz I
Conde de Borgoña
11561190
Sucesor:
Otón I

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cardini, Franco (1987): Barbarroja: vida, triunfos e ilusiones de un emperador medieval. Edicions 62. ISBN 978-84-297-2533-9.
  • Cardini, Franco e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
  • Engels, Odilo (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]