Saltar ao contido

Gol de prata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gol de prata foi un método para determinar o gañador dun partido de fútbol que termina empatado despois do tempo regulamentario.

Características

[editar | editar a fonte]

Tras as críticas ao uso do gol de ouro, a UEFA e a IFAB propuxeron a creación deste sistema. Do mesmo xeito que o gol de ouro, xogaríase unha prórroga de dous períodos de 15 minutos. En caso da anotación dun gol durante un dos períodos, o partido terminaríase ao final deste tempo. Así, se se anotaba un gol durante os primeiros 15 minutos do tempo extra, deberíase terminar de xogar este período, outorgando ao equipo en desvantaxe a posibilidade de remontar o marcador. No caso de que pasados os dous tempos non rompa o empate, o gañador defínese mediante penaltis.

Este método tivo moito menos impacto que o gol de ouro, pois só se utilizou nalgúns partidos de competicións internacionais europeas. Do mesmo xeito que o gol de ouro, o gol de prata foi abolido tras celebrarse a Eurocopa 2004; o último gol de prata foi o anotado por Traianos Dellas para Grecia na semifinal deste evento ante República Checa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]