Palau de la Virreina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′56″N 2°10′18″L / 41.38236, 2.17159

Palau de la Virreina

O Palau de la Virreina (en galego: Pazo da Vicerraíña) é un pazo situado no barrio do Raval de Barcelona, nas Rambles. É considerado un dos mellores expoñentes do barroco aplicado á arquitectura civil en Cataluña e està declarado Ben Cultural de Interese Nacional.

As dependencias e o patio serven de marco a importantes exposicións temporais e tamén é a sede da área de cultura do Concello de Barcelona. No seu interior pódense ver en exposición permanente os Xigantes de Barcelona Cidade e a Aguia de Barcelona.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]