Ben Cultural de Interese Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vila romana de Can Llauder, en Mataró, (século I a. C., século III d.C.).

Ben Cultural de Interese Nacional (en catalán: Bé Cultural d'Interès Nacional) ou sinxelamente Ben de Interese Nacional (en catalán: Bé d'Interès Nacional), abreviado BCIN, é unha categoría de protección legal dos bens máis relevantes do patrimonio cultural catalán, tanto de mobles como inmobles,[1] outorgada pola Administración da Generalitat de Cataluña, que o inscribiu no Rexistro de Bens Culturais de Interese Nacional. Constitúe a categoría superior de protección, as outras dúas son o Ben Cultural de Interese Local (BCIL) e o Espazo de Protección Arqueolóxica (EPA).[2]

A maioría destes bens están recoñecidos como Ben de Interese Cultural na administración do Estado español.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Declaración de bens culturais de interese nacional
  2. Descripció del Patrimoni Cultural Immoble de Catalunya, Generalitat de Catalunya, fragmento de la Ley del patrimonio cultural catalán del 30 de septiembre de 1993 (Llei 9/1993)