Pavel Nedvěd: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 53: Liña 53:
* [http://www.footballdatabase.com/site/players/index.php?dumpPlayer=428 Datos e estatísticas] en ''FootballDatabase''
* [http://www.footballdatabase.com/site/players/index.php?dumpPlayer=428 Datos e estatísticas] en ''FootballDatabase''


{{Galardoados co Balón de Ouro}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 5 de xullo de 2021 ás 12:29

Modelo:InfFut Pavel Nedvěd, nado en Cheb o 30 de agosto de 1972, é un ex-futbolista checo que foi internacional polo seu país. O seu derradeiro club foi o Juventus FC. Anteriormente xogara para o Dukla Praga, Sparta Praga e Lazio. A nivel individual, gañou o Balón de Ouro no ano 2003 e tamén aparece na lista dos 125 mellores xogadores vivos feita por Pelé.

Traxectoria

Nedvěd aparece na escena internacional cando a selección checa chega á final da Eurocopa de Fútbol 1996. Perderían este encontro por 2-1, levándose a Alemaña o triunfo cun gol de Ouro de Oliver Bierhoff. O torneo, porén deu a coñecer ós grandes futbolistas daquela selección, entre eles, o propio Pavel. Así, ese mesmo ano ficha pola Lazio, equipo italiano da Serie A, coa que conseguiría unha Copa de Italia (1998) e unha Recopa de Europa (1999).

No ano 2001 marcha ao Juventus, que paga á Lazio 41,2 millóns de Euros. Ao longo destes anos, foi unha peza imprescidible da escuadra turinesa, sendo determinante nos scudettos que conseguiu nos anos 2002,2003,2005 e 2006.

Nas competicións europeas, chegaron ata a final da Liga de Campións do 2003, perdendo nos penaltis contra o AC Milan. Pavel non puido disputar este encontro por unha amoestación recibida nas semifinais contra o Real Madrid. Ese ano outorgaríanlle o Balón de Ouro, premio que recibe o mellor xogador europeo do ano segundo o xornal France Football.

Chequia non xogou os mundiais de Mundial de fútbol Francia 1998 e Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002, pero si estivo notablemente presente nas Eurocopas de 2000 e 2004. Nesta última caeron en semifinais contra a Grecia grazas a un gol de Prata nun saque dende o curruncho. Nedvěd resultou mancado neste encontro e tivo que ser suBstituído. Esta lesión fixo que decidira o seu retiro da selección, cun total de 73 encontros xogados e 18 goles anotados.

De tódolos xeitos, este retiro non foi definitivo. En novembro do ano 2005 Pavel volta á selección para xogar a repesaca da fase de clasificación para o Mundial de Alemaña no 2006. Enfrontáronse a Noruega, vencendo os dous encontros por 1-0, tanto en Oslo coma en Praga. Así, Chequia participa nun mundial despois da separación de Checoslovaquia. Desgraciadamente, e tras gañar 3-1 ós Estados Unidos de xeito abraiante, as lesións ceibáronse co equipo e perderon contra Italia e Ghana. Chequia non foi quen pasa-la primeira rolda.

Nedvěd retírase definitivamente pouco despois, nun encontro contra Serbia.

Títulos

Véxase tamén

Ligazóns externas