Diferenzas entre revisións de «Operación Barbarossa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
No outono de 1940, oficiais de alto rango alemáns elaboraron un memorando sobre os perigos dunha invasión da Unión Soviética. Dixeron que [[Ucraína]], [[Belarús]] e os [[países bálticos]] acabarían só como unga carga económica adicional para Alemaña.<ref name=":5">Gorodetsky 2001, pp. 69-70</ref> Argumentaron que os soviéticos na súa actual forma burocrática eran inofensivos e que a ocupación non beneficiaría a Alemaña.<ref name=":5" /> Hitler non estivo de acordo cos economistas e díxolle á súa man dereita [[Hermann Göring]], o comandante da [[Luftwaffe]], que xa non escoitaría os receos sobre os perigos económicos dunha guerra con Rusia.<ref name=":6">Ericson 1999, p. 162</ref> Especúlase que isto transmitíuse ao xeneral [[Georg Thomas]], que realizara informes que predicían un drenaxe económico neto para Alemaña no caso dunha invasión da Unión Soviética a menos que a súa economía fose capturada intacta e os pozos petrolíferos do Caucaso fosen incautados no primeiro golpe; Thomas revisou o seu futuro informe para que encaixase cos desexos de Hitler.<ref name=":6" /> A ineptitude do Exército Vermello na [[guerra de Inverno]] contra [[Finlandia]] en 1939-40 convenceu a Hitler dunha rápida vitoria en poucos meses. Nin Hitler nin o Estado Maior anticiparon unha campaña longa que durase ata o inverno, e polo tanto non se fixeron preparativos axeitados, como a distribución de roupa de abrigo e a preparación para o inverno de vehículos e lubricantes.<ref>Palmer 2010, pp. 187-188</ref>
 
A partir de marzo de 1941, a [[Carpeta Verde de Göring]] expuxo detalles sobre a economía soviética despois da conquista. O [[Plan da Fame]] describía como se tiña que deixar morrer de fame a poboacións urbanas enteiras de territorios conquistados, creando así un un excedente agrícola para alimentar a Alemaña e espazo urbano para as clases superiores alemás.<ref>Patterson 2003, p. 562</ref> A política nazi tiña como obxectivo destruirdestruír a Unión Soviética como entidade política de acordo cos ideais xeopolíticos do ''Lebensraum'' para o beneficio das futuras xeracións da "raza mestra nórdica".<ref name=":2" /> En 1941 o ideólogo nazi [[Alfred Rosenberg]], despois nomeado Ministro do Reich dos Territorios Ocupados do Leste, suxeriu que o territorio soviético conquistado debería ser administrado nos seguintes ''Reichskommissariate'' ("Comisionados do Reich"):
{| class="wikitable collapsible" width="100%"
! colspan="3" |Subdivisións administrativas do territorio soviético conquistado segundo
64.115

edicións

Menú de navegación