Arma SS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo.

A Arma SS (Waffen-SS) foi o corpo de combate da Schutzstaffel (tamén coñecida como SS), fundada en Alemaña en 1939, despois de que esta organización se dividise entre o brazo político (Allgemeine-SS) e o militar, a Arma SS.

O Partido Nazi (NSDAP), creou un corpo de seguridade chamado SA, coñecido como "os camisas pardas". Este era dirixido por Ernst Röhm, trala saída de Hitler do cárcere despois do Pustch de Múnic (1923) Rohm comezou a rivalizar no liderado do NSDAP con Hitler. Este, decidiu crear unha garda pretoriana á marxe das SA, sería a "forza de choque" ou Schuztaffel. Esta forza de choque estaría dentro da organización das SA pero recibiría ordes só de Hitler directamente.

Da semente que supón o Schuztaffel nacen en 1925 as SS. Oito anos despois, esta garda de elite con forte adoutrinamento político conta con 50.000 membros. Nese momento, Adolf Hitler decide fundar unha Garda de Korps, unha elite dentro da propia elite das SS. 120 homes que rodearían a Adolf Hitler en todo momento para a súa protección.

Tamén en 1933 é cando se crean os Comandos Especiais ou Sonderkommando, unidades de adestramento en Berlín que pasarían a se-lo Leibstandarte Adolf Hitler. En 1934 créase o Servizo Especial das SS ou SS Verfugungstruppe (SS-VT). Himmler, amigo persoal do Fuhrer (nesta época), e comandante en xefe das SS, forma dous rexementos SS o Xermania e o Deutschland. Estas unidades están organizadas de xeito militar, pero os seus compoñentes están adoutrinados no nacionalsocialismo. É o primeiro elo do exército de fanáticos que sería a Arma SS. Paul Hassler, xeneral de brigada, é o primeiro xefe militar das SS.

En agosto de 1938, Hitler autoriza a motorización das forzas da SS. Tantos miles de homes actuando como policía do NSDAP era un malgasto para o que se ía aveciñar. Por fin, a Arma SS participa nunha operación a grande escala, aínda que aínda non comezou a guerra: a ocupación de Austria e os Sudetes, que tras referendo, aceptaron a volta a Alemaña.


En outubro de 1939 créanse as primeiras divisións da Arma SS, aínda que actúan encadradas dentro da Wehrmacht. Cos rexementos Deutschland, Xermanía e Der Fuehrer créase a División SS Verfugugs, que co reforzamento da Leibstandarte Adolf Hitler serían as dúas primeiras divisións das recentemente estreadas Waffen SS (Arma SS).

Coa invasión de Francia (10 de maio de 1940), a Arma SS entra definitivamente a actuar da man da Wehrmacht como as unidades que máis baixas sofren e que sempre se sitúan en primeira liña. Tamén, pese as oposicións do Estado Maior da Wehrmacht, reciben o mellor material recentemente saído das fábricas.

A Arma SS desaparecería co suicidio de Heinrich Himmler en 1945.

Equivalencias dos rangos militares[editar | editar a fonte]

Rango
Equivalencia
SS-Bewerber Candidato
SS-Anwärter Cadete
SS-Schütze Soldado
SS-Untersturmfuhrer Alferez
SS-Oberschütze Soldado con seis meses de servizo
SS-Sturmann Cabo I
SS-Rottenführer Cabo
SS-Unterscharführer Sarxento I
SS-Oberscharführer Sarxento de Staff
SS-Ruttenfuhrer Sarxento
SS-Hauptscharführer Sarxento Maior
SS-Sturmscharfhührer Oficial con quince anos de servizo
SS-Untersturmführer Tenente I
SS-Obersturmführer Tenente
SS-Hauptsturmführer Capitán
SS-Sturmbannführer Maior
SS-Oberbannsturmführer Tenente Coronel
SS-Standartenführer Coronel
SS-Oberführer Tenente Coronel
SS-Brigadeführer und Generalmajor der Waffen SS Xeneral de Brigada
SS-Grupenführer und Generalleutnat der Waffen SS Xeneral de División
SS-Obergruppenführer und General der Waffen Ss Tenente Xeneral
SS-Oberstgruppenführer und Generaloberst der Waffen SS Capitán Xeneral 
SS-Reichsführer SS (sen equivalencia)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]