Río Prut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Prut
Ukraine-Vorokhta-Prut River-1.jpg
O Prut en Vorokhta, Ucraína
País Ucraína, Moldavia, Romanía
Rexión n/d
Nacemento Monte Howerla
Altitude n/d
Lonxitude 910 km
Caudal medio 160 m³/s
Conca 27.500 km2
Desembocadura Río Danubio
Localización do curso do río Prut

O Prut (en ucraíno: Прут) é un río da Europa orienta, tributario do Danubio. O seu curso esténdese por uns 910 km, que bañan a Ucraína, Moldavia e Romanía.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Prut nace nos Cárpatos orientais, no monte Howerla, no suroeste da Ucraina, na rexión de Iwano Frankiwsk). Toma unha dirección cara sueste, e despois de 240 km en territorio ucraíno, pasa a formar a fronteira entre Moldavia e Romanía durante 711 km, para entrar por último neste último país e unirse ao Danubio, preto de Reni, a oriente da cidade de Galati (Romanía). O seu caudal medio é de 160 m³/s na xunta con o Danubio.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Son numerosos, mais na súa maioría de moi curto percorrido. A destacar:

  • Pola esquerda: Racovăţ, con 67 km de curso.
  • Pola dereita: Volovăţ, de 43 km; Başeu, 118 km; Corogea, 32 km ; Jijia, sen dúbida o máis importante dos tributarios, cun curso de 275 km e unha bacía de 5.757 km2 ; e o Elan, de 73 km.

A súa conca ocupa unha área de 27.500 km² (10.990 km² na Romanía)

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

O Prut é navegábel desde a cidade romena de Iaşi, nuns 300 km, até a desembocadura no Danubio.

Localidades ás beiras[editar | editar a fonte]

Destacan Chernivtsi en Ucraína, Ungheni, en Moldavia e Iaşi na Romanía.

Historia[editar | editar a fonte]

Na antigüidade era coñecido como río de Porata o de Pyretus, de onde deriva o seu nome actual. Antes da ocupación por parte soviética da rexión de Besarabia e máis da Bukovina setentrional, en 1940, o río descorría case enteiramente por territorio romeno.

Ten notoriedade histórica a Paz do Prut, que o tsar Pedro I o Grande se víu obrigado a asinar no 23 de xullo de 1711, logo de que as súas tropas se viron cercadas polos turcos na pequena cidade de Huşi.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Prut