Estación de Vitoria: Diferenzas entre revisións
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2 |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
En [[1889]] abriuse un novo tramo de vías, esta vez de [[ancho métrico]], que unía [[Vitoria]] con [[Leintz-Gatzaga]] e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en [[1914]]. O 31 de decembro de [[1967]] a liña foi pechada ao tráfico. |
En [[1889]] abriuse un novo tramo de vías, esta vez de [[ancho métrico]], que unía [[Vitoria]] con [[Leintz-Gatzaga]] e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en [[1914]]. O 31 de decembro de [[1967]] a liña foi pechada ao tráfico. |
||
En [[1989]], o Goberno de España e o [[Goberno Vasco|Goberno autonómico vasco]] chegaron a un acordo para poñer en marcha o [[Y vasco]], unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en [[2006]].<ref>[http://www.diariovasco.com/pg060401/prensa/noticias/AlDia/200604/01/DVA-ALD-284.html O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discorrerá por Áraba]</ref> Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o [[Parque de Arriaga]]. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co [[Y vasco]].<ref>{{Cita web |url=http://www.elcorreodigital.com/alava/20080723/local/fomento-compromete-financiar-soterramiento-200807231902.html |título=Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria |data-acceso=26 de xuño de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080725114754/http://www.elcorreodigital.com/alava/20080723/local/fomento-compromete-financiar-soterramiento-200807231902.html |dataarquivo=25 de xullo de 2008 |urlmorta= |
En [[1989]], o Goberno de España e o [[Goberno Vasco|Goberno autonómico vasco]] chegaron a un acordo para poñer en marcha o [[Y vasco]], unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en [[2006]].<ref>[http://www.diariovasco.com/pg060401/prensa/noticias/AlDia/200604/01/DVA-ALD-284.html O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discorrerá por Áraba]</ref> Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o [[Parque de Arriaga]]. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co [[Y vasco]].<ref>{{Cita web |url=http://www.elcorreodigital.com/alava/20080723/local/fomento-compromete-financiar-soterramiento-200807231902.html |título=Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria |data-acceso=26 de xuño de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080725114754/http://www.elcorreodigital.com/alava/20080723/local/fomento-compromete-financiar-soterramiento-200807231902.html |dataarquivo=25 de xullo de 2008 |urlmorta=yes }}</ref> |
||
== A estación == |
== A estación == |
Revisión como estaba o 7 de agosto de 2020 ás 19:16
Coordenadas: 42°50′29″N 2°40′22″O / 42.84139, -2.67278
Vitoria-Gasteiz | |
---|---|
Situación | Vitoria-Gasteiz |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel, Intercity |
Media distancia | MD, Intercity, Rexional Exprés |
A estación de Vitoria-Gasteiz é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Vitoria, no País Vasco. É a principal estación da provincia de Áraba, con máis de 500.000 viaxeiros en 2010. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 492,353 da liña radial Madrid-Hendaia a unha altura de 528,6 metros sobre o nivel do mar.[1]
Historia
O ferrocarril chegou á entón pequena cidade de Vitoria en 1862 coa apertura do tramo Miranda de Ebro-Altsasu da liña férrea que unía Madrid coa fronteira francesa.[2] Para a ocasión construíuse unha pequena estación por Letourneur, enxeñeiro francés responsable da construción da propia liña e que en 1864 construiría tamén a estación de Donostia.
En 1889 abriuse un novo tramo de vías, esta vez de ancho métrico, que unía Vitoria con Leintz-Gatzaga e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en 1914. O 31 de decembro de 1967 a liña foi pechada ao tráfico.
En 1989, o Goberno de España e o Goberno autonómico vasco chegaron a un acordo para poñer en marcha o Y vasco, unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en 2006.[3] Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o Parque de Arriaga. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co Y vasco.[4]
A estación
A actual estación de Vitoria-Gasteiz foi construída en 1934 substituíndo á pequena estación de Letourneur. É un edificio sinxelo, situado no centro da cidade e formado por varias estruturas encostadas de diferente altura. Unha serie de arcos que dan lugar a portas e xanelas serven como elemento decorativo.
Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Outras catro vías son utilizadas como vías de servizo. Antigamente a estación dispoñía dunha oitava vía, pero foi parcialmente retirada para permitir así a ampliación da plataforma lateral. Os cambios de plataforma realízanse por un paso subterráneo.
Conta cunha zona PAC (punto de información ao cidadán), venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado fronte ao edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
Longa distancia
Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
' | Intercity | Irún | Madrid-Chamartín | |
MD RE |
Vitoria | Madrid-Chamartín | ||
RE | Burgos-Rosa de Lima | Zaragoza-Miraflores | ||
25 | MD | Irún | Vitoria Miranda de Ebro |
Notas
- ↑ Ferrocarril del Norte Madrid-Hendaya
- ↑ Vasco navarro trena: El ferrocarril vasco navarro - Juan José Olaizola Elordi - Bilbo : EuskoTren, 2002. ISBN 84-920629-6-7
- ↑ O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discorrerá por Áraba
- ↑ "Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 26 de xuño de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vitoria |