Hadriano (emperador): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Revisión lingüística
Liña 29: Liña 29:
|dinastía = [[Cinco bos emperadores|Dinastía Antonina]]
|dinastía = [[Cinco bos emperadores|Dinastía Antonina]]
|himno real =
|himno real =
|pai = [[Publio Élio Hadriano Afer]]
|pai = [[Publio Elio Hadriano Afer]]
|nai = Domitia Paulina
|nai = Domitia Paulina
|firma =
|firma =
Liña 35: Liña 35:
|lema =
|lema =
}}
}}
'''Publius Aelius Traianus Hadrianus''', en galego '''Publio Elio Hadriano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]] o [[24 de xaneiro]] de [[76]] e finado en [[Baia]] o [[10 de xullo]] de [[138]], foi un [[Imperio Romano|Emperador romano]] da dinastía dos [[emperadores Antoninos]].
'''Publius Aelius Traianus Hadrianus''', en galego '''Publio Elio Hadriano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]] o [[24 de xaneiro]] de [[76]] e finado en [[Baia]] o [[10 de xullo]] de [[138]], foi un [[Imperio Romano|emperador romano]] da dinastía dos [[emperadores Antoninos]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Hadriano sobe a dignidade imperial á morte de [[Traxano]], no ano [[117]]. Tamén nado na [[Bética]], chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
Hadriano sobe á dignidade imperial á morte de [[Traxano]], no ano [[117]]. Tamén nado na [[Bética]], chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.


Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da [[Mesopotamia]]. Xa no ano [[115]] notábase un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei [[Partos|parto]] [[Cosroes]] aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Hadriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do [[Eufrates]], e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de [[Mauritania]] se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da [[Mesopotamia]]. Xa no ano [[115]] notábase un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei [[Partos|parto]] [[Cosroes]] aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Hadriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do [[Eufrates]], e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de [[Mauritania]] se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.


O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do ''[[Limites romani|limes]]'' xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do [[Danubio]] e levantou na [[Britania]] o que se coñece como a [[Muralla de Hadrián|muralla de Hadriano]] (''[[Vallum Hadriani]]'') co obxecto de previr as incursións dos pictos e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]], dende a desembocadura do [[río Tyne]], no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de [[Irlanda]].
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do ''[[Limites romani|limes]]'' xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do [[Danubio]] e levantou na [[Britania]] o que se coñece como a [[Muralla de Hadrián|muralla de Hadriano]] (''[[Vallum Hadriani]]'') co obxecto de previr as incursións dos [[pictos]] e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]], dende a desembocadura do [[río Tyne]], no [[mar do Norte]] e o Solvay Firth no mar de [[Irlanda]].


[[Ficheiro:Roman Empire under Hadrian.png|miniatura|300px|O Imperio Romano nos tempos de Hadriano.]]
[[Ficheiro:Roman Empire under Hadrian.png|miniatura|300px|O Imperio Romano nos tempos de Hadriano.]]


Para favorecer a fidelidade do exército, Adriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ian defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentíanse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
Para favorecer a fidelidade do exército, Hadriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ían defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentíanse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.


As sublevacións dos xudeus tiveron o seu cumio no [[132]], cunha [[revolta de bar Kokhba|revolta]] aberta en [[Xudea]], encabezada por [[Eleazar]] e [[Simón bar Kokhba]], os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de [[Aelia Capitolina]] ([[Xerusalén]]), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagada a sangue e lume no [[134]], e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
As sublevacións dos [[Pobo xudeu|xudeus]] tiveron o seu cumio no [[132]], cunha [[revolta de bar Kokhba|revolta]] aberta en [[Xudea]], encabezada por [[Eleazar]] e [[Simón bar Kokhba]], os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de [[Aelia Capitolina]] ([[Xerusalén]]), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asolagada a sangue e lume no [[134]], e a ofensiva relixiosa xudía rematou.


Hadriano reforzou o papel do consello imperial (''Consilium principis'') en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisións facíanse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescriptos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fai público o ''Edicto Perpetuo'', obra de Salvio Xuliano, que recollía os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (''Consilium principis'') en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisións facíanse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescritos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fixo público o ''Edicto Perpetuo'', obra de Salvio Xuliano, que recollía os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.


Reformouse a administración pública, separando netamente os carregos civís dos militares, creándose a figura do ''advocatus fisci'', encargado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.
Reformouse a administración pública, separando netamente os cargos civís dos militares, creándose a figura do ''advocatus fisci'', encargado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.


Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daría o nome de [[Antonino Pío]]. A partir daquel, os herdeiros designados levarían o título de [[César (titulo)|César]]. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daría o nome de [[Antonino Pío]]. A partir daquel, os herdeiros designados levarían o título de [[César (titulo)|César]]. O cargo comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomease o seu para previr continxencias. Antonino nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.


Hadriano morreu no [[138]] e foi inhumado no [[Castelo de Sant'Angelo|monumental mausoleo]], que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como [[Castelo de Sant'Angelo]], na beira do [[río Tíber]].
Hadriano morreu no [[138]] e foi inhumado no [[Castelo de Sant'Angelo|monumental mausoleo]], que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como [[Castelo de Sant'Angelo]], na beira do [[río Tíber]].

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2018 ás 20:21

Hadriano
14º Emperador do Imperio Romano.
Busto de mármore de Hadriano nos Museos Capitolinos.

Reinado10 de agosto de 117 - 10 de xullo de 138
Nome completoPublius Aelius Hadrianus (de nacemento)
Caesar Publius Aelius Traianus Hadrianus Augustus (como emperador)
Nacemento24 de xaneiro do 76
Itálica, Hispania
Falecemento10 de xullo do 138 (62 anos)
Baiae
PredecesorTraxano
SucesorAntonino Pío
Cónxuxe/sVibia Sabina
DescendenciaLucius Aelius
Antonino Pío (adoptivos)
ProxenitoresPublio Elio Hadriano Afer
Domitia Paulina

Na rede
Find a Grave: 8215537 Editar o valor em Wikidata

Publius Aelius Traianus Hadrianus, en galego Publio Elio Hadriano, nado en Itálica o 24 de xaneiro de 76 e finado en Baia o 10 de xullo de 138, foi un emperador romano da dinastía dos emperadores Antoninos.

Traxectoria

Hadriano sobe á dignidade imperial á morte de Traxano, no ano 117. Tamén nado na Bética, chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.

Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da Mesopotamia. Xa no ano 115 notábase un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei parto Cosroes aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Hadriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do Eufrates, e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de Mauritania se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.

O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do limes xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do Danubio e levantou na Britania o que se coñece como a muralla de Hadriano (Vallum Hadriani) co obxecto de previr as incursións dos pictos e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre Inglaterra e Escocia, dende a desembocadura do río Tyne, no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de Irlanda.

O Imperio Romano nos tempos de Hadriano.

Para favorecer a fidelidade do exército, Hadriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ían defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentíanse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.

As sublevacións dos xudeus tiveron o seu cumio no 132, cunha revolta aberta en Xudea, encabezada por Eleazar e Simón bar Kokhba, os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de Aelia Capitolina (Xerusalén), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asolagada a sangue e lume no 134, e a ofensiva relixiosa xudía rematou.

Hadriano reforzou o papel do consello imperial (Consilium principis) en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisións facíanse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescritos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fixo público o Edicto Perpetuo, obra de Salvio Xuliano, que recollía os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.

Reformouse a administración pública, separando netamente os cargos civís dos militares, creándose a figura do advocatus fisci, encargado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.

Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daría o nome de Antonino Pío. A partir daquel, os herdeiros designados levarían o título de César. O cargo comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomease o seu para previr continxencias. Antonino nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.

Hadriano morreu no 138 e foi inhumado no monumental mausoleo, que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como Castelo de Sant'Angelo, na beira do río Tíber.

Véxase tamén

Outros artigos

Imperio Romano

Segue a:
Traxano
Hadriano (emperador)
Precede a:
Antonino Pío
Dinastía dos Antoninos