Ulpia Marciana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 48 |
| Morte | c. 112 (Gregoriano) Roma, Italia |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Familia | |
| Familia | Ulpii Traiani (en) |
| Cónxuxe | Caio Salônio Matídio Patruino |
| Fillos | Salonia Matidia |
| Pais | Marco Ulpio Traxano |
| Irmáns | Traxano |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Ulpia Marciana, nada no 48 e finada no 112, foi unha nobre romana, irmá do emperador Traxano.
Viviu en harmonía e amizade con Pompeia Plotina, a esposa do emperador, e ambas recibiron do Senado o título e as honras de Augusta, ó redor de 105.
Casada co senador C. Salonino Matidio, tivo unha filla chamada Matidia, quen á súa vez sería a nai de Sabina, a esposa de Hadriano. Traxano non tivo descendencia e elixiu como sucesor a Hadriano, seguramente tendo en conta, entre outras razóns, estes afastados pero afectivos lazos familiares.
O senador C. Salonino morreu antes da chegada ao trono de Traxano, polo que Marciana viviu sempre xunto á esposa do emperador, Pompeia Plotina. Cando Marciana morreu, no ano 112, o emperador deificouna e o seu título de Augusta pasou á súa filla. Todas as súas moedas foron acuñadas a partir de finais dese ano, é dicir, postumamente.

Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |