Diferenzas entre revisións de «Xénese»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
arranxo ligazóns
m (arranxo ligazóns)
[[Ficheiro:Albrecht Dürer - Adam and Eve (Prado) 2.jpg|miniatura|Adán e Eva de [[Albrecht Dürer|Dürer]].]]
O libro da '''Xénese''', (do [[lingua grega|grego]] Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en [[lingua hebrea|hebreo]] תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, ''Bereshit'', "no principio"). É o primeiro libro da ''[[Torá]]'' ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do ''[[TanajTanak]]'', a [[biblia]] hebrea (coñecida polos [[cristián]]s como o [[Antigo Testamento]]). Fai parte dos primeiros cinco libros ([[Pentateuco]]), xunto con [[Éxodo]], [[Levítico]], [[Números]] e [[Deuteronomio]], cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a [[Moisés]] .
{{ imaxe dupla | dereita | Ourense Catedral Holztür554.JPG | 100 | Ourense Catedral Holztür553.JPG | 100 | Tentación e expulsión de [[Adán e Eva]] do Paraíso, [[Catedral de Ourense]]. }}
Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "[[A creación segundo a Xénese|relato da Xénese]]"), pasando polos [[Patriarca]]s, ata á fixación deste pobo no [[Exipto]], despois da historia de [[Xosé (fillo de Xacob)|Xosé]].
 
=== Relatos dos patriarcas ===
[[Ficheiro:Abraham.jpg|miniatura|esquerda|Sacrificio de Isaac de [[Laurent de La Hyre]]]]
Ocupan o resto dos capítulos da Xénese. Os ''patriarcas'' son os "pais" do pobo de [[Israel]], xefes de clans nómades adicados á gandería que se moven por unha ampla zona que comprende os actuais [[Iraq]], [[Xordania]], [[Israel]] e que remata en [[Exipto]]. Os relatos que conforman esta parte son sobre: [[AbraámAbraham]], [[Lot (personaxe bíblico)|Lot]], [[Isaac]], [[Esaú]] e [[Xacob]], [[Xosé (fillo de Xacob)|Xosé]].
[[Ficheiro:Isaak zegent Jakob Rijksmuseum SK-A-110.jpeg|miniatura|[[Isaac]] dando a beizón para [[Xacob]].]]
Son relatos que teñen, polo menos, unha base histórica, sen desbotar o feito de que cos anos e a evolución que foron sufrindo os relatos orais que son a base dos escritos que coñecemos, a historia real estea deformada e magnificada.
== Autoría ==
 
A tradición xudía dicía que Moisés era o autor do [[Pentateuco]], autoría que foi asumida pola tradición cristiá ata o inicio dos estudos bíblicos no século XIX.
 
Neste momento os estudos coinciden en falar de dúas fases.
=== As tres fontes ===
 
A análise do texto revela diferenzas lingüísticas, de estilo, teolóxicas etc. En base a este estudo estableceuse que os autores deste libro se agrupan en tres fontes: iavista, eloísta e sacerdotal. Estas tres fontes son, xunto coa chamada [[Deuteronomio|deuteronomista]], as autoras de todo o Pentateuco.
 
Tradición iavista: Chámasechámase así porque denomina a Deus ''Iavé'' (en hebreo co tetragrama sagrado YHWH). É a tradición máis antiga, arredor do ano [[-950]]. É unha tradición humanista, centrada na relación entre o ser humano e Deus. Considerada a de máis calidade literaria, da súa autoría son, por exemplo, os relatos da creación do home, no capítulo 2 do libro, ou boa parte do relato de AbraámAbraham.
 
Tradición eloísta: o seu nome vén de que chama ''Eloím'' a Deus. Aproximadamente dous séculos posterior no tempo á tradición Iavista. A formulación eloísta está máis preto da primitiva tradición oral e marca máis as distancias entre home e Deus.
Os autores, para ir creando o texto, utilizaron a xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir dela empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola creación do mundo para centrarse na creación do home e da muller.
 
Este sistema de traballo da lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez a el; ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes:
 
* En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Volvendo ao relato da creación, gracias á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai falla unha compañeira.
== Estudos e discusións ==
[[Ficheiro:Bilińska_Joseph_sold_by_his_brothers.jpg|miniatura|[[Xosé (fillo de Xacob)|Xosé]] vendido como escravo por seus irmáns.]]
Postúlase que AbraámAbraham naceu na cidade de "Ur dos caldeos", termo repetido varias veces. Porén, os [[caldeo]]s só xurdiron na rexión de [[Ur]], ao leste da Mesopotamia, por volta do século IX a.C., polo menos 1.000 anos despois do tempo suposto para a historia de AbraámAbraham. A propia diferenza nos estilos literarios e as historias aparentemente desconexas da vida de AbraámAbraham poden ser un indicativo de que tales historias foron compiladas en diferentes momentos, ou por diferentes autores, a partir dunha tradición oral transmitida por moitas xeracións.
 
Algúns estudosos cren que as historias de Isaac, en varios momentos tan semellantes ás de AbraámAbraham, sexan un recurso estilístico observado noutros puntos do relato bíblico (a recorrencia da cidade de [[Belén]] relacionada ao nacemento de [[David, rei|David]] e [[Xesús]] para resaltar o seu parentesco, por exemplo, aínda que a Xesús nunca se lle chame ''belenense'' ou ''belemita'', senón ''nazareno''), para realzar a ligazón entre os dous personaxes a través dos seus actos, fortalecendo a ligazón entre Israel, fillo de Isaac, e o patriarca AbraámAbraham.
 
A narración da historia de Xosé, que viña explicar a orixe das 12 [[Tribos de Israel]], puido ser compilada por cronistas de Israel, no período en que os reinos de Israel e [[Xudá]] estiveran divididos, durante o primeiro milenio antes de Cristo, pois toda a narración salienta a importancia e a nobreza de Xosé (pai das medias tribos de [[Efraín]] e [[Manasés]], as tribos dominantes do Reino do Norte), en contraposición coa indiferenza e a envexa de Xudá (a tribo predominante do Reino do Sur), reflectindo o rancor das tribos de Xosé e a tribo de Xudá naquel período. Ao final da narración, cando Xacob chega a [[Exipto]] e beice os seus fillos, á tribo de Xudá prometéselle que había reinar sobre todas as outras, o que contradí a finalidade do resto da narración.
2.683

edicións

Menú de navegación