Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=aportar
Liña 42: Liña 42:
Os de esquerda viron a ser chamados [[hegelianos xoves]] e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao [[ateísmo]] na relixión e á [[democracia liberal]] na política. Entre os [[hegelianos de esquerda]] atópanse [[Bruno Bauer]], [[Ludwig Feuerbach]], [[David Friedrich Strauss]], [[Max Stirner]] e, o máis famoso, [[Karl Marx]]. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade [[anarquismo|anarquista]] do [[egoísmo]] de Stirner e á versión marxista do [[comunismo]].
Os de esquerda viron a ser chamados [[hegelianos xoves]] e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao [[ateísmo]] na relixión e á [[democracia liberal]] na política. Entre os [[hegelianos de esquerda]] atópanse [[Bruno Bauer]], [[Ludwig Feuerbach]], [[David Friedrich Strauss]], [[Max Stirner]] e, o máis famoso, [[Karl Marx]]. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade [[anarquismo|anarquista]] do [[egoísmo]] de Stirner e á versión marxista do [[comunismo]].


No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do [[marxismo]] por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel aportou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son [[Herbert Marcuse]], [[Theodor Adorno]], [[Ernst Bloch]], [[Alexandre Kojève]] e [[Gotthard Günther]]. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da ''[[Fenomenoloxía do espírito]]''.
No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do [[marxismo]] por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel achegou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son [[Herbert Marcuse]], [[Theodor Adorno]], [[Ernst Bloch]], [[Alexandre Kojève]] e [[Gotthard Günther]]. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da ''[[Fenomenoloxía do espírito]]''.


== Obras principais ==
== Obras principais ==

Revisión como estaba o 31 de maio de 2016 ás 08:40

Modelo:Filósofo

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831, foi un filósofo alemán.

Recibiu a súa formación no Tübinger Stift (seminario da Igrexa Protestante en Württemberg), onde trabou amizade có futuro filósofo Friedrich Schelling. Fascinárono as obras de Spinoza, Kant e Rousseau, así coma a Revolución Francesa. Consideran moitos que Hegel representa a cume do movemento alemán do idealismo filosófico, que habería de ter un impacto profundo no materialismo histórico de Karl Marx.[1]

Formación

Hegel asistiu ao seminario de Tubinga co poeta épico Friedrich Hölderlin e o idealista obxectivo Schelling. Os tres estiveron atentos ao desenvolvemento da Revolución Francesa e colaboraron nunha crítica das filosofías idealistas de Immanuel Kant e do seu seguidor, Fichte.

Obra

A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa Fenomenoloxía do Espírito. Durante a súa vida publicáronse tamén a Enciclopedia das ciencias filosóficas, a Ciencia da lóxica e os (Elementos da) Filosofía do dereito. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recompiláronse a partir dos apuntes dos seus estudantes e publicáronse de xeito póstumo.

Teoría

As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduciu un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado acotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo xorde como solución das contradicións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introdución da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.

Non obstante, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde volver máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.

Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo a dialéctica de Hegel a miúdo aparece fragmentada[Cómpre referencia], por comodidade, en tres momentos chamados "tese" (no noso exemplo, a revolución), "antítese" (o terror subseguinte) e "síntese" (o estado constitucional de cidadáns libres). Así e todo, Hegel non empregou persoalmente esta clasificación en absoluto; crearaa anteriormente Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudosos serios de Hegel non recoñecen[Cómpre referencia], en xeral, a validez desta clasificación.

Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, da arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillerme III e que a idea hegeliana de que o obxectivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o xurdimento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer desprezou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.

Seguidores

Trala morte de Hegel, os seus seguidores dividíronse en dous campos principais e contrarios. Os hegelianos de dereita, discípulos directos de Hegel na Universidade de Berlín, defenderon a ortodoxia evanxélica e o conservadorismo político do período posterior á restauración napoleónica.

Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.

No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel achegou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espírito.

Obras principais

Notas

  1. "The Hegel Myth and Its Method", en From Shakespeare to Existentialism: Studies in Poetry, Religion, and Philosophy por Walter Kaufmann, Beacon Press, Boston 1959, páxinas 88-119

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas