Federico Guillerme III de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Guillerme III de Prusia
Rei de Prusia e Elector de Brandeburgo
FWIII.jpg
Reinado Elector: 1797 - 1806
Rei: 1797 - 1840
Nacemento 3 de agosto de 1770
Potsdam, Reino de Prusia
Falecemento 7 de xuño de 1840
(69 anos)
Berlín, Reino de Prusia
Predecesor Federico Guillerme II
Sucesor Federico Guillerme IV
Consorte Luísa de Mecklemburgo-Strelitz
Descendencia Príncipe Federico Guillerme
Príncipe Guillerme
Princesa Carlota
Príncipe Carlos
Princesa Alexandrina
Princesa Luisa
Príncipe Alberto
Dinastía Hohenzollern
Pai Federico Guillerme II
Nai Frederica Luísa de Hesse-Darmstadt
Autograph Friedrich Wilhelm III.svg

Federico Guillerme III de Prusia, nado en Postdam o 3 de agosto de 1770 e finado en Berlín o 7 de xuño de 1840, foi o quinto rei de Prusia, cargo que ostentou dende 1797 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou con Luisa Mecklembourg-Strelitz en 1793. Seis anos despois, en 1797, foi coroado rei de Prusia. Como monarca tivo que enfrontarse a moitas adversidades, coma o déficit do Estado e o imperialismo de Napoleón Bonaparte.

Unión das Igrexas de Prusia[editar | editar a fonte]

Federico Guillerme propúxose unificar as igrexas protestantes, para homoxeneizar a súa liturxia, a súa organización e incluso a súa arquitectura. O reto a longo prazo era centralizar o control real de todas as igrexas protestantes na Unión Prusiana de Igrexas. Tras varios anos creouse a Igrexa da Unión Prusiana, xuntando a maioría dos grupos luteranos e algúns protestantes reformados minoritarios.[1]

En 1824, Federico Guillerme III casou de novo morganaticamente coa condesa Augusta von Harrach, princesa de Liegnitz, con quen non tivo descendencia.[2]

Finou o 7 de xuño de 1840 en Berlín. O seu fillo máis vello, Federico Guillerme, sucedeuno no trono.[2]

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

O 24 de decembro de 1793 casou con Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, auténtica heroína antinapoleónica aínda hoxe en Alemaña. Tiveron os seguintes fillos antes da prematura morte da raíña en 1810:

Luisa de Mecklemburgo-Strelitz, esposa de Federico Guillermo III.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christopher Clark, "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
  2. 2,0 2,1 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 17–20. ISBN 978-3-89870-615-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico Guillerme III de Prusia Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clark, Christopher. "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
  • Thomas Stamm-Kuhlmann: König in Preußens großer Zeit. Friedrich Wilhelm III., der Melancholiker auf dem Thron. Siedler, Berlin 1992.
  • Dagmar von Gersdorff: Königin Luise und Friedrich Wilhelm III. Eine Liebe in Preußen. Rowohlt, Reinbek 2001. ISBN 3-499-22615-4.
  • Claudia von Gélieu, Christian von Gélieu: Die Erzieherin von Königin Luise. Salomé de Gélieu. Regensburg 2007, ISBN 978-3-7917-2043-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Federico Guillerme II
Prussiaflag small.jpg
Rei de Prusia

1797 - 1840
Sucesor:
Federico Guillerme IV