Boloña: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Substitución automática de texto (-Róterdan +Rotterdam) |

Liña 142: | Liña 142: | ||
| título = [[Ficheiro:EU Insignia.svg|60px]]
[[Capital Europea da cultura]]
xunto con {{FRAb}} [[Aviñón]]
{{NORb}} [[Bergen]]
{{CZEb}} [[Praga]]
{{BELb}} [[Bruxelas]]
{{POLb}} [[Cracovia]]
{{FINb}} [[Helsinqui]]
{{ISLb}} [[Reiquiavik]]
{{GALb}} [[Santiago de Compostela]] |
| título = [[Ficheiro:EU Insignia.svg|60px]]
[[Capital Europea da cultura]]
xunto con {{FRAb}} [[Aviñón]]
{{NORb}} [[Bergen]]
{{CZEb}} [[Praga]]
{{BELb}} [[Bruxelas]]
{{POLb}} [[Cracovia]]
{{FINb}} [[Helsinqui]]
{{ISLb}} [[Reiquiavik]]
{{GALb}} [[Santiago de Compostela]] |

| período = [[2000]] |
| período = [[2000]] |

| sucesor = {{NLDb}} [[ |
| sucesor = {{NLDb}} [[Rotterdam]]
{{PORb}} [[Porto, Portugal|Porto]] |

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2016 ás 18:15
Coordenadas: 44°30′27″N 11°21′5″L / 44.50750, -11.35139 Modelo:Cidade
Boloña[1][2] (Bulåggna en emiliano-romañol) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romagna. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe o segundo casco antigo medieval máis grande de Europa, despois do de Venecia.
Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que a enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un ben conservado centro histórico (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e das destrucións bélicas.
Boloña é un importante nó de comunicacións rodoviario e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentares. É sede de importantes institución culturais, económicas e políticas.
Evolución demográfica
Historia
A rexión está habitada desde o século IX a.C., os etruscos substituíron aos umbros a partir do século VI a.C. dándolle o nome de Velzna, latinizano como Felsina.
Cidades irmás

Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Bergen Praga Bruxelas Cracovia Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Rotterdam Porto |
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boloñés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.