Coventry
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Inglaterra | |||
| Rexións | Midlands do Oeste - West Midlands | |||
| Condado metropolitano | Midlands Occidentais | |||
| Distrito metropolitano | Coventry | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 362.690 (2016) | |||
| Lingua oficial | lingua inglesa | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 73,6 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Fundador | Leofric (pt) | |||
| Creación | 1043 | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | John Blundell (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | CV | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 024 | |||
| Código NUTS | UKG33 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Graz (1957–) | |||
| Sitio web | coventry.gov.uk | |||
Coventry é unha cidade do centro de Gran Bretaña, situada a 153 km ao noroeste de Londres e a 30 km ó leste de Birmingham, cunha poboación no 2001 de 303.475 habitantes.

Historia
[editar | editar a fonte]Bombardeo de Coventry
[editar | editar a fonte]Coventry foi unha das cidades que tivo que ser "sacrificada" polos ingleses na segunda guerra mundial, debido a que xusto antes do bombardeo a esa cidade descifraran o código enigma dos nazis e interceptaran unha comunicación do Eixe onde se dicía que se ía bombardear a cidade. Logo Churchill tivo que tomar a decisión de evacuar ou non Coventry. Se se evacuaba a cidade os nazis sospeitarían que se descifrara o código enigma, e comprometeríase a vantaxe na guerra.
Finalmente, Coventry foi bombardeada masivamente polos avións da Luftwaffe, (cerca de 500 bombardeiros) o 14 de novembro de 1940. A cidade foi case totalmente destruída. O ministro nazi de Propaganda, Goebbels, chegou a propor un novo termo, "coventrizar", para referirse a eses bombardeos masivos. Só algúns menores foran evacuados, baixo o pretexto de saída de vacacións.
Tamén houbo bombardeos en Liverpool, Plymouth, Bristol e Southampton.
A catedral de Coventry foi deixada como a deixou o bombardeo: non quedan máis que unhas columnas e algo das súas murallas. Xunto aos restos da antiga catedral edificouse unha nova catedral, a cuxa inauguración, que tivo lugar en 1962 e como símbolo de reconciliación, asistiu o chanceler alemán.
Polo seu valor simbólico, nas proximidades da Catedral, plantáronse unha serie de olmos, iniciativa que patrocinou a artista Yoko Ono.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coventry |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
