Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Escrita cuneiforme»

arranxo
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
(arranxo)
O coñecemento da escrita cuneiforme estaba perdido ata que en [[1835]] [[Henry Rawlinson]], un oficial da armada británica, atopou algunhas das [[inscricións de Bisitún]] nun acantilado en [[Bisitún]] en [[Persia]]. Talladas durante o reinado do rei [[Darío I]] de Persia ([[-522]] - [[-486]]), consistían en textos idénticos nas tres linguas oficiais do imperio: o [[persa antigo]], o [[lingua babilonia|babilonio]], e o [[lingua elamita|elamita]]. A inscrición de Bisitún foi ao descifrado da escrita cuneiforme o que a [[pedra de Rosetta]] foi para o descifrado dos [[xeroglifo exipcio|xeroglíficos exipcios]]. É mérito de [[Georg Friedrich Grotefend|Grotefend]] os primeiros pasos do seu desciframento.
 
Rawlinson deduciu acertadamente que o persa antigo era un alfabeto silábico, e descifrouno correctamente. Traballando de forma independente, o asiriólogo irlandés [[Edward Hincks]] tamén contribuíu ao descifrado. Logo de traducir o persa, Rawlinson e Hincks comezaron a traducir os outros. En gran medida foron axudados polo descubrimento da cidade de [[Nínive]] por parte de [[Paul Émille-Émile Botta]] en [[1842]]. Entre os tesouros descubertos por Botta estaban os restos da gran librería de [[Asurbanipal]], un arquivo real contendo varios miles de táboas de arxila cocidas con inscricións cuneiformes sobre elas.
 
Por [[1851]] Hincks e Rawlinson podían ler xa 200 signos babilonios. Axiña se lles uniron outros dous criptólogos, un novo estudante de orixe alemá, chamado [[Julius Oppert]], e o versátil orientalista británico [[William Henry Fox Talbot]]. En [[1857]] os catro homes coñecéronse en [[Londres]] e tomaron parte no famoso experimento para comprobar a precisión das súas investigacións.
53.437

edicións