A lingua luvita, minoritaria no seo da administración hitita, escribiuse por medio da escritura cuneiforme. Con todo, a partir do século -XV desenvolveuse unha escritura particular, chamada escritura xeroglífica hitita e a maioría das inscricións, de carácter esencialmente documental, que empregan esta escritura transcriben un dialecto do luvita. Atopáronse inscricións en luvita xeroglífico no norte da actual Siria, de época tan recente como o século -VI. Estes xeroglíficos hititas non semellan estar emparentados cos xeroglíficos exipcios ou cretenses e considéranse unha invención local.