Paul-Émile Botta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Retrat de Paul-Émile Botta por Charles-Émile Callande de Champmartin (1840).

Paul Émile Botta, nado o 6 de decembro de 1802 en Turín e finado o 29 de marzo de 1870 foi un arqueólogo francés. Foi fillo do historiador Carlo Botta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 8 de maio de 1827 xunto con Auguste Duhaut-Cilly, a bordo do barco Héros, chegou a Mazatlán, lugar de onde foron expulsados tres días despois xa que as autoridades locais sospeitaban que o devandito barco e o seu capitán, Duhaut-Cilly, se dedicaban ao contrabando [1].

En 1842 fíxose cargo do consulado de Francia en Mosul.

O descubrimento de Khorsabad.[editar | editar a fonte]

O gran obxectivo dos aventureiros/arqueólogos destinados en Mesopotamia era a localización de Nínive, capital do Imperio Asirio, que na Biblia se dicía que eran necesarios tres días para percorrela. Á súa vez, a súa importancia radicaba no feito de ser capital dos asirios, o gran pobo conquistador da Biblia. Ao mesmo tempo, xa se coñecía que moitos dos outeiros de estraña forma gardaban restos de cidades antigas, e pensábase que un dos outeiros próximos a Mosul podía ser Nínive.

En 1843 Botta escolleu como primeiro obxectivo para escavar o outeiro de Kuyunjik (preto de Mosul), pero a medida que transcorría o tempo, o traballo resultaba infrutuoso. Paralelamente Botta preguntaba aos aldeáns e campesiños circundantes de onde conseguiran ou se viran "ladrillos con símbolos" (polo xeral os aldeáns descoñecían a resposta ou se mostraban desconfiados). A insistencia de Botta obtivo o seu premio, xa que un dos campesiños da zona de Khorsabad decatouse de que un europeo buscaba ladrillos con símbolos, ante o cal acudiu ao campamento de Botta indicando que o seu forno estaba feito con eses "ladrillos con símbolos" e que os obtiña do outeiro próximo. Botta enviou unha expedición para investigar (con poucas esperanzas) e facer unha prospección, obtendo aos poucos días grandes resultados.

O resultado foi o descubrimento do que creu que eran as ruínas de Nínive, e así o anunciou ao mundo. Entón o goberno francés financiou ditas escavacións, e Botta publicou a obra "Monumentos de Ninive". Con todo, tempo despois sóubose que se trataba das ruínas de Khorsabad. Khorsabad transformouse en capital de Asiria durante o reinado de Sargón II, e foi abandonada polo seu sucesor no -705, despoboándose paulatinamente, e converténdose nun importante resto arqueolóxico, do cal Botta recuperou importantes pezas de arte asiria que foron enviadas ao Louvre en 1846. Tanto as pezas como a obra de Botta causaron un gran éxito en Europa, e supuxo o redescubrimento da arte asiria.

Morreu en Achères, Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lerma Garay, Antonio. Mazatlán Decimonónico. Edición del Autor. Sacramento. 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Duhaut-Cilly, Auguste. A Voyage to California, the Sandwich Islands and Around the World in the Years 1826-1829. University of California Press. 1979.
  • Lerma Garay, Antonio. Mazatlán Decimonónico. Edición del Autor. Sacramento. 2005.
  • P. Botta/M. E. Flandin, Monuments de Niniveh (París 1849-1859).