Conversa usuario:Banjo: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 279: Liña 279:


a ver se lle podes botar unha ollada á páxina [[ASTANO]] por que pon esto -> <nowiki>{{#coordinates:}}</nowiki>: Latitude incorrecta {{sensinatura|84.124.11.42}}
a ver se lle podes botar unha ollada á páxina [[ASTANO]] por que pon esto -> <nowiki>{{#coordinates:}}</nowiki>: Latitude incorrecta {{sensinatura|84.124.11.42}}

== GL FP-tag on Commons ==

Hi Banjo,

can you add please two steps on Commons, if an image will be featured on the GL-Wiki too:
:1) please add on Commons the category to the image: '''<nowiki>Featured pictures on Wikipedia, Galician</nowiki>'''
:2) and add on Commons the glwiki=1 tag, like '''<nowiki>{{Assessments|glwiki=1}}</nowiki>'''

Grazas e saúdos, --[[Usuario:Alchemist-hp|Alchemist-hp]] ([[Conversa usuario:Alchemist-hp|conversa]]) 14 de abril de 2015 ás 07:32 (UTC)

Revisión como estaba o 14 de abril de 2015 ás 07:32

Usuario:Banjo/talkicon

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Tech News / Signpost

  T     S  

Prometio/promecio

Ola Banjo, promecio e prometio son sinónimos segundo o DiRAG.

Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2015 ás 08:36 (UTC)[responder]

modelos lugarres

Ola, Banjo! Que ledicia verte editar de novo! :)

A maioría dos modelos de lugares de parroquias (quizais o 95 %?) non teñen o formato Navbox, de forma que se ve sempre o contido. Penso que mellor sería homoxeneizar ao revés, pór os modelos que actualmente teñen formato Navbox con recadro simple. De feito cando atopo con algún deles procuro facelo, e vexo que quedaban varios pendentes no concello das Pontes. Xa que logo, vou reverter as túas edicións, vale?

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de febreiro de 2015 ás 14:04 (UTC)[responder]

Boas, puxen na Wikipedia:A Taberna (técnica) un problema que me xurdiu cun novo modelo que creei, e quería pedirche axuda para ver se se pode arranxar. Un saúdo --Breogan2008 (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 11:47 (UTC)[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]

Mapa

Por certo, xa estás no mapa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:55 (UTC)[responder]

Próximo editatón

Boas Banjo, teño unha reunión mañá na FIC para facer outro wikimaratón en abril, animaríaste a dar unha charla de introdución ós bots (unha cousa básica, o que son, o que poden facer e algo máis, 30 ou 45 minutos...)? Sería un día de semana pola tarde, que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 18:32 (UTC)[responder]

Moi ben, xa che contarei entón o que me din na reunión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 08:56 (UTC)[responder]

Idea

Hoxe ocorréuseme unha idea e pensei que ó mellor ti ó mellor poderías facela funcionar. O caso é que de cando en vez é necesario mandar mensaxes ós usuarios da Galipedia para que se decaten de cousas importantes que se poñen na taberna porque algúns non revisan esas páxinas a cotío ou o que sexa. A única forma que temos ata o de agora para solucionar isto é que o que queira dar un aviso xeral ós usuarios ten que poñelo nas conversas de todos, o cal é un traballo considerable. Entón a solución é o que fai a Fundación Wikimedia coas mensaxes que nos mandan e coas novas de Tech news, que un bot deixe os comentarios nas conversas. Podería facerse un bot que tivera unha páxina para apuntarse, de forma similar ó que fai o MediaWiki message delivery, e unha páxina para deixar as mensaxes a enviar, iso ten que ser sinxelo de facer, non?. A única pega é que cada vez que se quixera mandar unha mensaxe habería que avisar ó controlador do bot para que o executase e se mandaran os avisos, supoño que haberá algunha forma de automatizar isto pero xa se me escapa como podería ser. Que che parece a idea, interésache? Se non queres liarte con isto dimo sen problema que non te quero agobiar nin nada polo estilo :)

Por certo, sabes que se poden facer contas de bot aloxadas no servidor da Fundación? Creo que desa forma si se podería automatizar ese bot de mensaxes, podería ter un cron que o activara tódolos días á hora X, que revisara se ten algunha mensaxe que enviar na páxina de "avisos" e de ter algo enviaría o aviso a tódolos usuarios que estiveran apuntados ó servizo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 16:04 (UTC)[responder]

Funciona o envío masivo de mensaxes!

Grazas Banjo, xa atopei como usar o envío de mensaxes! ;) Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 12:27 (UTC)[responder]

Graciñas

A ver como se me dá isto! --Ghazafelho1977 (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 15:38 (UTC)[responder]

Grazas!

Grazas por axudarme a manter ós meus alumnos cos comezos da edición. Un saúdo,--Agremon(contacto) 25 de febreiro de 2015 ás 16:55 (UTC)[responder]

... levo cousa de dúas horas longas de revisión, edición grosa, notas de conversa, envío de correos, e falta a maioría... :) Saúdos, --Agremon(contacto) 25 de febreiro de 2015 ás 18:17 (UTC)[responder]


Opinión

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:14 (UTC)[responder]

Doce aniversario da Galipedia

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Imaxes de casas de concellos

Boas Banjo, vin a túa imaxe da casa do concello de Castro de Rei, por se non o coñeces, temos este proxecto Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2015 ás 21:53 (UTC)[responder]

bot

Ola, Banjo! Como vai? Teño tres encargos para o teu bot; dous deles son ortográficos, e un é técnico.

O primeiro é mudar *sudoeste por suroeste; o segundo é mudar *Celandia por Zelandia.
O terceiro é mudar <br>==Ligazóns externas==<br> (é dicir: cando nunha liña só hai este texto) por <br>==Véxase tamén==<br>===Ligazóns externas===<br>.

Non sei se me expresei ben :D

Mil grazas! A tarefa que pode facer un bot é inestimable, certamente! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de marzo de 2015 ás 00:24 (UTC)[responder]


Bango, arquivaches en 2015 votacións que son de 2014.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2015 ás 22:28 (UTC)[responder]

RE:patrimonio.org

Máis ben penso que o que habería que facer sería buscar esas direccións en archive.org, Internet Archive, ou un sitio deses, e cambialas, o que pasa é que dende o sitio no que estou agora non me permite entrar nesas webs, a ver se as podo atopar pola noitiña. E creo que habería que poñerlle Modelo:Ligazón morta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

Mola!, grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2015 ás 09:51 (UTC)[responder]

Acualización de "Banco Etcheverría"

Ola Banjo. Grazas polas túas indicacións. Non era consciente diso (cando se fai unha ampliación, non unha primeira edición). Creo que tal como quedou agora, na páxina de conversa, cumprín. --XoioÉche o que hai 11 de marzo de 2015 ás 18:37 (UTC)[responder]

Cambio de "." a " " en 206.230

Ola, Banjo. Estou vendo como variar a grafía de separador de milleiros "." por espazo. Evidentemente, é tedioso, pero non sei se un bot podería facelo (a máis de non ter idea de facer bots). Entón, despois dalgunha proba, atópome con cousas como {{NUMBEROFARTICLES}} que sinxelamente non sei como cambiar e que está en notación con separador ".". Mirei algunha cousiña, pero polo momento non dou no método. Sabes dicirme onde tería que ferregachar para facer o cambio? Saúdos, --Agremon(contacto) 11 de marzo de 2015 ás 19:57 (UTC)[responder]

Banjo, polo de engadir espazo onde non o hai non te preocupes moito, son unha ínfima minoría. Nesa liña, non sei se ir cambiando pouco a pouco nomes de modelo (p.ex., 'Cidades de x de máis de 100000 habitantes"), porque pódome meter nun embrollo forte por todas as ligazóns a modelos... Saúdos,--Agremon(contacto) 11 de marzo de 2015 ás 20:47 (UTC)[responder]

Ola, Banjo. O bot vai perfecto. Hai un tema sen definir abondo, que é nos números con catro díxitos enteiros, que se poden poñer xuntos, sen separación, pero precisamente por non confundir, non puxen ningunha observación no libro de estilo, ou sexa que perfecto.

En canto a {{NUMBEROFARTICLES}}, enterouse Elisardo e hai un procedemento, segundo pon en Conversa_Wikipedia:Libro_de_estilo#Formato_dos_n.C3.BAmeros.2C_sen_separador_entre_grupos_de_tres_d.C3.ADxitos. Nestes momentos aínda non fixo a proposta da que fala alí. Saúdos,--Agremon(contacto) 15 de marzo de 2015 ás 20:16 (UTC)[responder]

Administración

Boas Banjo! Acabo de ver a túa mensaxe na taberna sobre os botóns de administrador. Se queres propóñote eu, pero non sei moi ben como abrir unha nova votación cando houbo unha votación anterior, as veces que o fixen foi un pouco chafulleira, se mo indicas xa te propoño agora. Unha aperta! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 09:43 (UTC)[responder]

Xa está feita a proposta e puxen un comentario na taberna. Tes todo o meu apoio para mudar o tema das autopropostas de usuarios para a administración, creo que é unha desas cousas que quedan na Galipeda que non teñen sentido, polo que se inicias algunha votación para mudar eso avísame e a apoiarei con gusto. Por outra banda, onte creei o artigo Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach a partir do artigo da Wikipedia en inglés, o caso é que hai uns modelos para ordenar algunhas columnas da táboa que non sei se temos, poderías botarlle un ollo e se fora necesario traelos? Moitas grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:03 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:20 (UTC)[responder]
Unha cousa... o modelo que se emprega na táboa para ordenar as datas hai xeito de facer que queden invisibles, de xeito que só se vexa a data que non está dentro do modelo? Non sei se me explico ben. Graciñas de novo!! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:53 (UTC)[responder]
Perfecto! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 12:17 (UTC)[responder]

Un bot de administrador. Recomendable?

Ola Banjo.

Aproveitando o tema.

Na Galipedia, que eu saiba, nunca tivemos un bot con permisos de administrador e, como sabes, sería útil para facer certas cousas, como movementos masivos de categorías nas que hai que borrar as categorías de orixe.

Como ves o tema? Sería bo propoñer a Usuario:BanjoBot 2.0 para engadirlle a bandeira de administrador? --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2015 ás 18:31 (UTC)[responder]

Nova proposta

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:25 (UTC)[responder]

JavaScript

Ola Banjo.

¿Anímaste a meterlle man a JavaScript, que leva o cartel de "atención" dende hai sete anos?

Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2015 ás 09:27 (UTC)[responder]

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.


parroquias e advocacións

Ola, Banjo!

Moitas grazas por axudares a categorizar as parroquias segundo a advocación. Son varios os casos en que o topónimo indica o nome dun santo pero a advocación da igrexa é outro. En ocasións hai un lugar da parroquia que leva o nome do primeiro santo, ou hai unha capela a el adicada, ou simplemente houbo un cambio posterior na advocación que non trascendeu no topónimo (caso de santos "recentes"). En calquera caso fíome do Nomenclátor, e ese é o criterio que estou a seguir.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de marzo de 2015 ás 23:57 (UTC)[responder]

Bot: Mudando o punto polo espazo duro, mudou o nome da imaxe requirida

Ola Banjo.

Aquí. Corrixido

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2015 ás 11:22 (UTC)[responder]

Correcto. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2015 ás 12:10 (UTC)[responder]

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Banjo, mandeiche onte un correo sobre isto cun par de preguntas, cando poidas a ver se podes responder e así pecho algunhas cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 03:01 (UTC)[responder]

Filtro de abusos

Boas, se queres fedellar no sistema podes botarlle unha ollada ó do Wikipedia:Filtro de abusos para ver se lle damos caña ás IPs. Poden importarse filtros da wiki.es ou da wiki.en e adaptalos logo aquí. Eu tentarei miralo tamén un pouco para a semana. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 14:09 (UTC)[responder]

Oki, descansa, e vandalismo 0! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 14:20 (UTC)[responder]

Administrador

Síntoo, Banjo, pero non me enterei da votación como novo administrador. Por iso falta o meu voto afirmativo nesa lista. Por iso, aínda que sei que non che fai ningunha falta, gustaríame que constase en acta o meu "Concordo". Parabéns e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de marzo de 2015 ás 18:33 (UTC)[responder]

Parabéns! :D. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2015 ás 02:31 (UTC)[responder]

*Image -> imaxe

Ola Banjo.

Preciso axuda do bot para mudar image e image2 por imaxe e imaxe2 en tódalas Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Modelo:CaixaAnatomía.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 19:53 (UTC)[responder]

Nalgunhas desas mesmas páxinas tamén hai que mudar "caption" por "lenda". Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 20:16 (UTC)[responder]
Noutros deles tampouco aparece a lenda da imaxe porque empregan "pé=". Habería que mudalo, tamén, por "lenda=". --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 20:18 (UTC)[responder]

Administrador

Parabéns pola elección, Banjo. Sinto non ter votado por non me decatar do aviso a tempo. Xa tes dados os permisos. :) Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de marzo de 2015 ás 20:52 (UTC)[responder]

Caro Banjo, gracias por el aviso en esta pagina. Yo no ablo Gallego, y te pido, por favor, si por esta vez me ajuda en traduzir en Gallego correcto la pagina. Por favor, me ajuda?

Muchas gracias para la tu colaboraciòn preciosa

Rei Momo (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 14:01 (UTC)[responder]

Hola de nuevo, desculpas el encomode. He visto que nuestro amigo Castelao (conversa) tiene hecho la trduciòn en Gallego. Es possible, ahora, retirar l'aviso? Muchas gracias y hasta luego! Rei Momo (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 21:38 (UTC)[responder]
Grazie mille !!! Rei Momo (conversa) 31 de marzo de 2015 ás 06:58 (UTC)[responder]

Técnica. Mudar categorización automática

Ola Banjo.

Cando se sube un ficheiro e se pon a caixa de datos:

{{Information

|Description=
|Source=
|Author=
|Date=
|Permission=
|other_versions=
}}

se se deixa algún campo sen encher, como o da orixe, o software, automaticamente clasifica en Categoría:Imaxes sen Orixe, por exemplo.

A miña pregunta é, como se muda esa clasificación automática? (Quero mudar "... Orixe" por "... orixe", en minúscula). É dicir, para que automáticamente clasifique en Categoría:Imaxes sen orixe e non en Categoría:Imaxes sen Orixe.

Ti sabes como se fai? --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 06:48 (UTC)[responder]

Creo que xa está feito, modifiquei o modelo Information. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2015 ás 08:03 (UTC)[responder]
Grazas Elisardo. Era ben doado!
Cando galeguices a caixa hai que facelo de xeito que siga sendo compatible cando se transfiren ficheiros da Galipedia a Wikimedia Commons.
Outra cousa que hai que facer (que teño falado con Toliño pero non amañamos nada) é que cando cargas en Wikimedia Commons sae precargada a caixa para os datos, e a nós non. Nós temos que poñela a man.
Como se faría iso? --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]
Parabéns! Bo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 18:38 (UTC)[responder]

Bos días, Banjo. No respecto a esta imaxe e a imaxe Image:20101002-Daniel Kessler.jpg, xa puxen que son obra miña e o permiso é do propio autor nas respectivas fichas. Volvín a cargar de novo as fichas e puxen PD-propia, aínda que xa estaba sinalado noutro apartado fora da explicación. Elimino eu o ti a caixa de advertencia de borrado? Un saúdo!--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 10:58 (UTC)[responder]

Ola de novo. O caso é que xa estaba posto que é obra propia, por duplicado: na licenza e na descrición. Onde dis ti que hai que voltar a poñelo? Saúdos--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:06 (UTC)[responder]
Por exemplo: para a imaxe de Paul Banks puxen na descrición:
{| class="wikitable"
|-
{{Information
|Description= Fotografía de Paul Banks (Interpol) a noite do 1 ao 2 de outubro de 2010 na Rúa da Fonte de Santo Antonio (Santiago)
|Source=
|Date= 2 de outubro de 2010
|Author=[[Usuario:Castelao|Castelao]]
|Permission= '''PD-propia'''
|other_versions=
}}
|}
E logo seleccionei no cadro de Licenzas o correspondente a PD-propia. Así que, onde máis?--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:13 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Gracias por as aclaracións e un saúdo!--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:19 (UTC)[responder]

Slipknot

Boas Banjo!! Primeiro de todo noraboa polo teu regreso como administrador á Galipedia, a ben seguro que farás un gran traballo!! Lin o artigo de Slipknot que propuxeches para destacado e fixen algúns arranxiños, bótalle un ollo se queres a ver se te convencen. Por outra banda quería propoñerte, se te interesa, revisar o artigo engadindo algúns contidos da Wikipedia en inglés (basicamente ampliando algunha sección) de cara a que puidera ser proposto para calidade. Creo que o artigo ten unha boa base e mesmo podería ser proposto xa, pero se cadra era mellor traer algo máis da nosa irmá en inglés para ter máis garantías. Eu perdinlles a pista logo de "Iowa" e controlo máis de clásica, pero podo tentar axudarte, aínda que teño moitas frontes abertas, e mesmo podemos tentar convencer a Beninho se fora necesaria máis axuda ;) --Piquito (conversa) 7 de abril de 2015 ás 17:25 (UTC)[responder]

Non hai fallo! Cando podas, non hai presa! Eu non creo que vaiamos curtos de artigos destacables para a portada, o que pasa é que moitos artigos non interesan e a xente non participa nas votacións... eu por exemplo propuxen para calidade varios artigos o ano pasado que poderían ser destacados perfectamente na portada pero non saíron para calidade porque non chegaron aos 5 votos en total, logo se queres propoñer hai varios artigos de calidade que non apareceron na portada (Harvey Milk, Claudio Abbado e Sinfonía nº 8 (Sibelius), aínda que este último mellor non propoñelo porque en decembro vai Sibelius) Eu antes de propoñer un artigo para a portada o propoño para calidade, así vai coa estrela á portada e dá publicidade á Galipedia, podería dicirche algún se queres, o problema é que a maioría son de música clásica e se saturaría a portada co mesmo tema, e de hóckey sobre xeo (os dous xa os propuxen e un pasou con máis pena que gloria cun único voto, e o outro foi rexeitado por 1-2, logo estaría Tiny Thompson, que é traducido do artigo en inglés -de calidade- pero que xa nin me atrevín a propoñer aquí), tamén poderías propoñer núcleo celular (que o proporei para calidade prontiño)... Para min o problema é que nun ano só podemos poñer 12 artigos destacados, e se a maioría de artigos destacables son dunha temática... Eu hai tempo tentei que se suprimira o artigo destacado sobre Galiza (que ahí si que imos curtos) para destacar un artigo na portada e que esta cambiara cada semana, pero a comunidade non quere renunciar aos artigos destacados sobre Galiza e esto frea tamén a posibilidade de destacar máis artigos na portada (se xa tendo que sacar 12 artigos destacados sobre Galiza nun ano nos custa, imaxínate para meter un por semana! Imposible) Bueno, total, que cando precises axuda con Slipknot ou o vaias presentar para calidade conta comigo para o que sexa. Unha aperta!! Piquito (conversa) 8 de abril de 2015 ás 12:37 (UTC)[responder]

Imaxe ap. reprodutor

Xa vin que os números non coincidían, pero xa está feito.--Miguelferig (conversa) 9 de abril de 2015 ás 11:26 (UTC)[responder]

Petición

Boas Banjo! Se tes un momento poderías traer este modelo ao noso artigo dos Calgary Flames? Está na sección de "Xogadores" en "Plantel actual". Se non podes avísame e busco a outro usuario que me axude, e se o fas avísame e así o poño noutros equipos. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2015 ás 22:14 (UTC)[responder]

Grazas!! Piquito (conversa) 13 de abril de 2015 ás 21:17 (UTC)[responder]

Etcétera

Ola.

Podes poñer o bot a borrar comas (, etc por etc)? Antes de etcétera (ou etc.), que significa "e o demais", en galego, non se pon coma ([1]).

Grazas! --. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2015 ás 17:08 (UTC)[responder]

Outra: Mover tódolos que levan Categoría:Ornamentais a Categoría:Plantas ornamentais. Grazas! --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2015 ás 18:30 (UTC)[responder]
Ola Banjo. En efecto, deixei nas mans de HombreDHojalata que fixera os cambios necesarios na ficha etcétera porque eu non estou familiarizado coa gramática galega. Crin que era mellor que desenvolvese el as fontes ou aducise aquilo que corresponde, ou recomprobase con máis criterio a exactitude do cambio. Todo o que sexa eliminar erros da Galipedia, benvido sexa! Un saúdo!--Castelao (conversa) 13 de abril de 2015 ás 10:29 (UTC)[responder]

Coordenadas

a ver se lle podes botar unha ollada á páxina ASTANO por que pon esto -> {{#coordinates:}}: Latitude incorrecta —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.124.11.42 (conversacontribucións)

GL FP-tag on Commons

Hi Banjo,

can you add please two steps on Commons, if an image will be featured on the GL-Wiki too:

1) please add on Commons the category to the image: Featured pictures on Wikipedia, Galician
2) and add on Commons the glwiki=1 tag, like {{Assessments|glwiki=1}}

Grazas e saúdos, --Alchemist-hp (conversa) 14 de abril de 2015 ás 07:32 (UTC)[responder]