Renacemento: Diferenzas entre revisións
m File:Lady with an Ermine.jpg → File:Leonardo da Vinci - Lady with an Ermine.jpg renamed on commons |
m engado a Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía) mediante HotCat |
||
Liña 108: | Liña 108: | ||
[[Categoría:Movementos artísticos]] |
[[Categoría:Movementos artísticos]] |
||
[[Categoría:Historia da arte]] |
[[Categoría:Historia da arte]] |
||
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]] |
|||
{{Link GA|de}} |
{{Link GA|de}} |
Revisión como estaba o 5 de novembro de 2013 ás 23:26
O concepto Renacemento ou Renacenza aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).
Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüídade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".[1].
De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.
O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara o resto de Italia e despois cara praticamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.
Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.
(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)
Contexto histórico
Durante a época do Renacemento, han producirse varios cambios en Europa. Entre os máis importantes cabe destacar:
- O crecemento demográfico debido á mellora na alimentación e na medicina. Pese a isto, houbo infeccións devastadoras nesta época como a sífile.
- Unha importante alza nos prezos debido á introdución en Europa de grandes cantidades de ouro e prata traídos de América tralo seu recente descubrimento en 1492. A conquista do Novo Mundo estabelecerá ademais novas e importantes rutas de comercio, o que derivará nunha mellora na economía.
- A aparición da Reforma protestante, que dará lugar a unha divisón na Igrexa Católica e provocará enfrontamentos entre as nacións Europeas.
Etapas
Diferentes etapas históricas marcan o desenvolvemento do Renacemento:
Quattrocento
A primeira ten como espazo cronolóxico todo o século XV, é o denominado Quattrocento, e comprende o Renacemento que se desenvolve en Italia.
Cinquecento
A segunda, afecta ó século XVI, Cinquecento, cando se torna nun movemento universal europeo; o seu dominio artístico queda referido ó Alto Renacemento, que se centra no primeiro cuarto de século. Esta etapa desemboca cara 1520-1530 nunha reacción anticlásica que conforma o Manierismo. Ocorren entón ademais a Contrarreforma, que instaura o Barroco como estilo oficial da Igrexa Católica. Na literatura destacan Ludovico Ariosto, Torcato Taso e Maquiavelo, xa na pintura destacaron Rafael e Michelangelo.
Mentres que en Italia estaba a se desenvolver o Renacemento, no resto de Europa mantense o gótico nas súas formas tardías, situación que se ha manter, exceptuando casos concretos, ata comezos do século XVI.
En Italia o enfrontamento e a convivencia coa antigüidade clásica, considerada como un legado nacional, proporcionou unha ampla base para unha evolución estilística homoxénea e de validez xeral. Por iso, alí, é posible o seu xurdimento e precede a tódalas demais nacións.
Fóra de Italia a Antigüidade Clásica suporá un caudal académico asimilable, e o desenvolvimento do Renacemento dependerá constantemente dos pulos marcados por Italia. Artistas importados desde Italia ou formados alí, fan o papel de verdadeiros transmisores.
Características
De forma xenérica pódense estabelecer as características do Renacemento en:
- A volta á Antigüidade. Rexurdirán tanto as antigas formas arquitectónicas, como a orde clásica, a utilización de motivos formais e plásticos antigos, a incorporación de antigas crenzas, os temas de mitoloxía, de historia, así como a adopción de antigos elementos simbólicos. Con iso o obxectivo non vai ser unha copia servil, senón a penetración e o coñecemento das leis que sustentan a arte clásica.
- Xurdimento dunha nova relación coa Natureza, que vai unida a unha concepción ideal e realista da ciencia. A matemática vaise converter na principal axuda dunha arte que se preocupa incesantemente en fundamentar racionalmente ao seu ideal de beleza. A aspiración de acceder á verdade da Natureza, como na Antigüidade, non se orienta cara ó coñecemento de fenómeno casual, senón cara á penetración da idea.
- O Renacemento fai ao ser humaho medida de tódalas cousas. Como arte esencialmente cultural, presupón no artista unha formación científica, que o fai liberarse de actitudes medievais e erguerse ó máis alto rango social.
Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó século XIV cando, co Humanismo, progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola literatura clásica, que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.
Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan Venecia, Florencia, Milán, o Estado Pontificio e Nápoles.
A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.
Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.
En Florencia o desenvolvimento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos Médici, as primeiras obras que desde aquí han extenderse ó resto de Italia.
Artistas importantes
- Fra Angelico
- Giotto di Bondone
- Hieronymus Bosch
- Pieter Brueghel o Vello
- Pieter Brueghel o Novo
- Jan Brueghel o Vello
- Jan Brueghel o Novo
- Filippo Brunelleschi
- Donatello
- Sandro Botticelli
- Albrecht Dürer
- Miguelanxo
- Rafael
- Leonardo da Vinci
- Jan van Eyck
- Rogier van der Weyden
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renacemento |
Bibliografía
- Bartlett, Kenneth, The Civilization of the Italian Renaissance: A Sourcebook (segunda edición. 2011)
- Cronin, Vincent (1969), The Flowering of the Renaissance, ISBN 0-7126-9884-1
- Cronin, Vincent (1992), The Renaissance, ISBN 0-00-215411-0
- Campbell, Gordon. The Oxford Dictionary of the Renaissance. (2003). 862 pp. en liña en OUP
- Ergang, Robert (1967), The Renaissance, ISBN 0-442-02319-7
- Ferguson, Wallace K. (1962), Europe in Transition, 1300–1500, ISBN 0-04-940008-8
- Fletcher, Stella. The Longman Companion to Renaissance Europe, 1390–1530. (2000). 347 pp.
- Grendler, Paul F., ed. The Renaissance: An Encyclopedia for Students. (2003). 970 pp.
- Grendler, Paul F. "The Future of Sixteenth Century Studies: Renaissance and Reformation Scholarship in the Next Forty Years," Sixteenth Century Journal Spring 2009, Vol. 40 Issue 1, pp 182
- Hale, John. The Civilization of Europe in the Renaissance. (1994). 648 pp.
- Hattaway, Michael, ed. A Companion to English Renaissance Literature and Culture. (2000). 747 pp.
- Jensen, De Lamar (1992), Renaissance Europe, ISBN 0-395-88947-2
- Nauert, Charles G. Historical Dictionary of the Renaissance. (2004). 541 pp.
- Paoletti, John T. and Gary M. Radke. Art in Renaissance Italy (4th ed. 2011)
- Robin, Diana; Larsen, Anne R.; and Levin, Carole, eds. Encyclopedia of Women in the Renaissance: Italy, France, and England (2007) 459p.
- Ruggiero, Guido, ed. A Companion to the Worlds of the Renaissance. (2002). 561 pp.