Jan Brueghel o Novo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de setembro de 1601 Anveres |
| Morte | 1 de setembro de 1678 Anveres |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Anveres (1625–1678) Italia (1622–1625) |
| Ocupación | pintor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Pintura paisaxística |
| Movemento | Barroco |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Familia | Brueghel (en) |
| Cónxuxe | Anna Maria Janssens |
| Fillos | Jan Peeter Brueghel, Abraham Brueghel, Jan Baptist Brueghel |
| Pais | Jan Brueghel, o Velho |
| Irmáns | Ambrosius Brueghel Anna Brueghel Paschasia Brueghel |
| Parentes | David Teniers, Filho, cuñado David Teniers III, sobriño Pieter Brueghel o Novo, tío Jan van Kessel, sobriño |
| Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) The Lives of Dutch painters and paintresses (en) |
Jan Brueghel o Novo, nado en 1601 e finado en 1678, foi un pintor flamengo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Jan Brueghel o Vello, neto de Pieter Brueghel o Vello e sobriño de Pieter Brueghel o Novo. O seu segundo fillo foi o pintor Abraham Bruegel (1631-1690).
Formado con seu pai, Jan trasladouse aínda novo a Milán para encontrarse con Federico Borromeo, mecenas do proxenitor. Logo dunha viaxe por Italia que o levou a Roma, Nápoles e Palermo (en Sicilia estivo en compaña do seu amigo Anton van Dyck), Jan retornou a Anveres en 1625, onde traballou para numerosos comitentes prestixiosos, como a Casa Real francesa. Viaxou tamén por Francia, en data imprecisa do sexto decenio do século XVII.
As súas pinturas lembran abondo o estilo miniaturístico do seu pai; como el, traballou con frecuencia con outros artistas como o célebre mestre barroco celebre Peter Paul Rubens.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |