Fra Angelico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fra Angelico
Retrato póstumo de Fra Angelico por Luca Signorelli, detalle do fresco Feitos do Anticristo (c.1501) na catedral de Orvieto.
NomeGuido di Pietro
Nacemento1400, 1387, 1395 e c. anos 1390xuliano
 Vicchio
Falecemento18 de febreiro de 1455
 Florencia e Roma
Nacionalidadeflorentino
EidoPintura e fresco
MovementoRenacemento
Na rede
Musicbrainz: 88c81a58-651e-4ce9-b51c-9b52f3860f1b Find a Grave: 6015 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fra Angelico, nado c. 1395 e finado o 18 de febreiro de 1455, foi un pintor do primeiro Renacemento italiano, referido no libro Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori de Vasari como posuidor dun «raro e perfecto talento».

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Denominado na Italia como il Beato Angelico, foi coñecido polos seus contemporáneos como fra Giovanni da Fiesole. En las vidas de artistas, de Giorgio Vasari, escrita antes de 1555, xa aparece como fra Giovanni Angelico.

Durante a súa vida ou ao pouco da súa morte empezou a ser chamado Il Beato (o Beato), en referencia á súa especialidade na pintura de tema relixioso. No ano 1982, o papa Xoán Paulo II beatificouno, facendo así oficial o seu título.

Ás veces, ten mal interpretado que Fiesole era unha parte do seu nome oficial, cando en realidade é o nome da cidade onde fixo os seus votos, e era un xeito de diferencialo doutros fra Giovanni. Aparece no Martiroloxio Romano coma Beatus Ioannes Faesulanus, cognomento Angelicus.

Galería[editar | editar a fonte]