Lúas de Plutón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 65: Liña 65:
Ficheiro:Orbit of Pluto's moon P4.jpg|Órbitas das lúas e do planeta no sistema de Plutón.
Ficheiro:Orbit of Pluto's moon P4.jpg|Órbitas das lúas e do planeta no sistema de Plutón.
Ficheiro:Plutonian system size.svg|Tamaños aproximados dos corpos do sistema de Plutón.
Ficheiro:Plutonian system size.svg|Tamaños aproximados dos corpos do sistema de Plutón.
Ficheiro:Plutonian system.jpg|thumb|Concepción artística de Plutón e Caronte vistos dende Hydra.
Ficheiro:Plutonian system.jpg|Concepción artística de Plutón e Caronte vistos dende Hydra.
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2012 ás 15:34

Plutón e as catro lúas: Caronte, Hydra, Nix e P4, o 28 de xuño de 2011. Crédito: NASA.
Imaxes de 2005 do Telescopio Hubble localizando a Hydra e Nix.

Existen catro lúas coñecidas do planeta anano Plutón, a espera do que descubra a sonda espacial "New Horizons" da NASA no verán do ano 2015, e que na data 18 de marzo de 2011 aínda estaba a carón de Urano [1][2].

A lúa mais grande de Plutón é Caronte; Caronte, de tódolos satélites do sistema solar é a lúa mais grande en comparación co seu planeta hospede, non existe ningunha outra lúa dun tamaño tan próximo ao do planeta orbitado, producíndose o efecto de planeta duplo, o outro sistema "satélite-planeta" que ten un efecto semellante ao de Plutón e Caronte é o da Terra e a Lúa. O sistema Terra-Lúa ocupa o segundo posto (nas proporcións planeta-lúa) despois do sistema duplo Plutón-Caronte.

Hydra, Nix e P4 (nome provisorio) son os outros tres satélites de Plutón, e son mais pequenos que Caronte. O nome provisorio que se lles deu aos dous primeiros foi S/2005 P 1 y S/2005 P 2 cando foron localizados nas imaxes obtidas polo Telescopio Espacial Hubble os días 15 e 18 de maio do ano 2005.


Datos das lúas de Plutón

As lúas están clasificadas segundo o seu período orbital.

Lúas de Plutón
Nome Imaxe Diámetro (km) Masa (kg) Período orbital (días) Descubridor Ano
Caronte 1207 ± 3 (1,52±0,06)×1021 6,387230 James W. Christy 1978
Nix 46 - 137 5×1016 - 2×1018 24,856 Telescopio espacial Hubble 2005
P4
S/2011 (134340) 1
13-34 ? 32,1 Telescopio espacial Hubble 2011
Hydra 61 - 167 5×1016 - 2×1018 38,206 Telescopio espacial Hubble 2005

Formación

A teoría imperante plantexa que as lúas de Plutón creáronse despois dunha gran colisión coma a que creou a Lúa e non debido a que foran obxectos do Cinto de Kuiper capturados pola gravidade de Plutón.


Notas

  1. http://www.space.com/12372-pluto-fourth-moon-nasa-spacecraft.html
  2. http://pluto.jhuapl.edu/ A sonda New Horizons comezará as manobras de aproximación a Plutón o 12 de abril do ano 2015, sendo a maior aproximación ao planeta o 14 de xullo de 2015

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas