Carballo (homónimos): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Formato |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
{{Concellos de Galicia en progreso}} |
{{Concellos de Galicia en progreso}} |
||
{{Coordenadas|43_12_46_N_08_41_22_W|43° 12' 46 |
{{Coordenadas|43_12_46_N_08_41_22_W|43° 12' 46" N 08° 41' 22" O}} |
||
{{Concello info |
{{Concello info |
Revisión como estaba o 6 de abril de 2011 ás 22:40
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
12' 46" N 08° 41' 22" O_E_ 0°N 0°L / 43_12_46_N_08_41_22_W, 43° 12' 46" N 08° 41' 22" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
Carballo (homónimos) | |
---|---|
Ficheiro:Situacion Carballo (homónimos).PNG | |
Situación | |
Xentilicio[1] | Carballés, Carballesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Bergantiños |
Poboación | 31.049 hab. (2010)[2][3] |
Área | 186,8 km²[3] |
Densidade | 166,22 hab./km² |
Entidades de poboación | 314 (18 parroquias)[4] |
Capital do concello | Carballo |
Política (2007) | |
Alcalde | Evencio Ferrero Rodríguez (BNG) |
Concelleiros | BNG: 9 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 Outros: TEGA 3, PDV 0 |
Eleccións municipais en Carballo | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 97,66% |
Na rede | |
www.carballo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2010 tiña 31.049 habitantes segundo o INE (29.985 no 2006, 29.689 no 2005, 29.521 no 2004, 28.949 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Carballés.
Evolución da poboación de Carballo (homónimos) Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
13.032 | 15.127 | 20.965 | 25.713 | 29.521 | 31.049 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
O territorio no que hoxe se asenta Carballo estivo poboado dende épocas moi temperás. Testemuño destes primitivos asentamentos son os utensilios paleolíticos atopados no espazo natural de Razo - Baldaio, actualmente expostos no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Da cultura megalítica chegou ata os nosos días o dolmen de Pedra Moura, situado na parroquia de Aldemunde. Existe constancia da elevada poboación que debeu existir no municipio durante a etapa castrexa. Así o demostran as vinte construcións catalogadas polo investigador Antón Rodríguez. Malia que a conservación destes castros é irregular, sobresaen pola súa complexa estrutura os de Vilela, Nión ou Oza, nos que aínda pode apreciarse o recinto defensivo. Os estudos realizados levan e pensar que estes castros poderían ser coetáneos da tribo celta dos brigantinos, que lle deu nome á Comarca.
É posible que os romanos se asentaran nas nosas terras atraidos pola súa fertilidade e abundancia en minerais. Ata os nosos días só chegou unha pequena parte do seu legado. Deste período queda no municipio o castro de Torre Pardiñas, en Razo. A influencia romana pode apreciarse nos restos do seu sistema defensivo. Sobresae ademais a ponte Lubiáns, unha das máis estreitas de Galicia, que formaba parte da calzada romana Per Loca Maritima que unía Finis Terrae con Brigantium. Segundo os historiadores, os vestixios visibles na actualidade datan da época medieval ou do século XVIII.
Outro dos motivos que puideron contribuír ao asentamento dos romanos foron as augas sulfurosas de Carballo, que aínda se explotan na actualidade. Así o testemuñan os restos dunha vila termal atopada no século XVIII.
A parroquia de San Xoán de Carballo, que recibiu o seu nome dun carballo situado diante da antiga igrexa parroquial, pertencía nas súas orixes á xurisdición de Santiago de Sísamo. Malia que a súa existencia pode ser constatada dende o século XII, o primeiro libro parroquial de Carballo data de 1663. Durante este período, e ata que acadou a independencia en 1607, dependería do mosteiro de Soandres e do Couto de Ardaña.
Este primeiro núcleo complementaríase no século XVIII cun novo asentamento arredor da Casa de Baños. O redescubrimento en 1716 das famosas e saudables augas termais -das que se abastece hoxe o balneario de Baños Vellos- contribuíu en grande medida á creación do municipio.
Carballo establécese como Concello en 1836. Xa en 1920 o arquitecto Julio Galán construiría a que sería Casa do Concello ata 1974. En 1924 rematan as obras dunha nova igrexa, de estilo modernista, nas inmediacións da antiga praza do mercado. Nos anos 20 e 30 do século XX asistimos á modernización de Carballo, coa apertura de prazas, a creación de escolas ou a finalización do xardín. A década dos 40, co auxe da explotación de volframio, supuxo o comezo dunha época de crecemento que acadaría o seu máximo esplendor a partir dos anos 60 e 80. Neste último terzo do século pasado prodúcese a grande expansión urbanística do municipio.
Política
As últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carballo deste xeito:
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
BNG | 7.545 | 40,84 % | 9 | ||
PP | 4.683 | 25,35 % | 6 | ||
TEGA | 3.115 | 16,86 % | 3 | ||
PSOE | 2.420 | 13.1 % | 3 | ||
PV | 460 | 2.49 % | 0 |
- Alcalde electo: Evencio Ferrero Rodríguez (BNG).
Lugares de interese
- Dolmen de Pedra Moura, na parroquia de Aldemunde.
- Museo de Bergantiños.
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Carballo
-
Parque do río Anllóns
-
Ponte sobre o río Anllóns
-
Pazo da Cultura
-
Pazo da Cultura
-
Tellado do Pazo da Cultura
Lugares de Carballo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Carballo.
Parroquias
Cidades irmás
Referencias
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Carballo (homónimos)".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google