Sofán, Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofán
Capela de San Adrián da Piña.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′00″N 8°37′05″O / 43.20000134, -8.6181884Coordenadas: 43°12′00″N 8°37′05″O / 43.20000134, -8.6181884
Área23 km²
Poboación1.437 hab. (2019)
Densidade62,48 hab./km²
Entidades de poboación62[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Sofán é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.437 habitantes (718 homes e 719 mulleres), distribuídos en 61 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.860 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O 16 de febreiro de 1919 catro labregas foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil, cando ian na comitiva fúnebre que pretendía soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades municipais. Son coñecidas como as Mártires de Sofán.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Salvador de Sofán é de principios do século XVIII e reformada no XIX. Diante do templo atópase un cruceiro que data de 1660.

Na capela de San Adrián da Piña celébrase unha romaría tradicional.

Asociacións de Sofán[editar | editar a fonte]

Na parroquía de Sofán atópanse varias asociacións de eido cultural, social ou deportivo das que se poden destacar as seguintes.

Entre as máis veteranas está a Sociedade Deportiva de Sofán que ten como labor a práctica deportiva do fútbol, conta cun equipo de veteranos e outro federado que se atopa actualmente na Liga de Preferente Norte, ou o Club de Caza e Tiro que defende a práctica do deporte da caza e encárgase da xestión desta nos territorios de Sofán e Aldemunde.

En 1991 créase a asociación de Mulleres Rurais que busca a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade, ofrecen formación e cobren o tempo libre con actividades lúdicas.

En 1998 fúndase a Asociación Democrática de Pensionistas, que naceu pensando nos maiores, para protexer e mellorar a súa calidade de vida.

Entre as asociacións máis novas atópanse a de Motos Clásicas, de 2005, que pretende promover e divulgar as motos clásicas na comarca, así como a Sociedade Deportiva e Cultural A Piña fundada en 2007, que busca dinamizar aos veciños, especialmente aos máis xoves, a través de actividades culturais e deportivas. Dispoñen dunha peña que xoga na liga de peñas e un equipo de veteranos.

Outras asociacións e non menos importantes son a ANPA do colexio a Gándara, que defende a educación dos máis pequenos e a Asociación de Veciños sobre a que recae a responsabilidade de organizar as festas e outras actividades ao longo do ano.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sofán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sofán no concello de Carballo (A Coruña)

Albeiro | Ballota | Bolón | As Bouzas | Braílle | Calvelo de Abaixo | Calvelo de Arriba | Campo de Arriba | Campos de Bolón | As Canelas | A Carracha | Os Carrís | A Casanova | A Charrúa | A Corredoira | O Cotomil | O Cotote | Covas de Abaixo | Covas de Arriba | A Cruz | A Ermida | Evas | O Forno | A Freiriña | O Freixal | A Gándara | Guitoi de Abaixo | Guitoi de Arriba | Guntián | A Lagarteira | Loureiro | As Maroas | Monelos | Monte do Rei | O Monte | O Outeiro | Paradela | A Pedreira | Periscal de Abaixo | Periscal de Arriba | O Pilro | A Piña | A Praza | Prearada | A Rachola | A Ramiscosa | O Reboredo | A Reixía | A Ribeiriña | O Río | O Seixal | Sete | Sinande | Sofandónigo | A Tapia | O Tarambollo | Troián de Abaixo | Troián de Arriba | Troián do Medio | O Vilar | Vioño | O Zarrallo

Parroquias de Carballo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]