Ardaña, Carballo
Coordenadas: 43°10′45.07″N 8°40′58.55″O / 43.1791861, -8.6829306
Ardaña | |
---|---|
Igrexa e cruceiro de Santa María de Ardaña. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 641 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Ardaña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2019 tiña 641 habitantes (316 homes e 325 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).
Conta cunha escola infantil en Gontade e cun centro social aínda en construción.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ardaña ocupa un fértil val moi próximo ao núcleo urbano de Carballo, encontrase no primeiro tramo da recta de Rus.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na parroquia atópase unha das casas nobres máis antigas do concello: o pazo de Gontade.
Ademais, no monte da Peniqueira hai unha mámoa duns vinte metros de diámetro e duns dous de altura[Cómpre referencia].
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Ardaña[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ardaña no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
Barís | O Barreiro | Carracedo | Castro | A Cesta | Esteves | Gontade | A Igrexa | Noví | A Pifaina | Quintáns | San Lois | San Mamede | Santa María | Vivente |