Nel móstrase unha exposición permanente en oito salas temáticas dedicadas á historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía, o patrimonio natural, a importancia da auga na zona (con e especial atención á lagoa de Baldaio), os montes, a relixiosidade, os produtos da zona, a fabricación do pan e a Alfredo Brañas. Existen ademais dúas salas destinadas a acoller exposicións temporais.