Lema, Carballo
Lema | |
---|---|
Capela de Santa Irene. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′00″N 8°40′03″O / 43.28339, -8.66741 |
Poboación | 437 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 437 habitantes (217 mulleres e 220 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Lema intégrase dentro do espazo natural de Razo-Baldaio. A parroquia acolle a maior parte da zona das marismas que integran este complexo xunto ás dunas. Confórmase así un ecosistema único, no que se concentra abundante e diversa vexetación que serve de refuxio a diferentes especies de aves, peixes e crustáceos.
Sábese da existencia de polo menos dúas mámoas:
- Monte da Pena. De 16 m de diámetro e 1,2 m de alto. Nel houbo escavacións furtivas.
- Monte da Vixía. No límite con Oza. De 15 m de diámetro e 0,8 m de alto. Ten cono de violación.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lema
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lema no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
Agramaior | As Areas | Cambre | Castrillón | Centeás | Chamusqueira | O Igrexario | O Outeiro | Pardiñas | A Pedra do Sal | Regueira de Abaixo | Regueira de Arriba | Sambade | O Seixo | Os Vilares | O Xuncal |
Parroquias de Carballo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Moure, Xabier. "O NOSO PATRIMONIO: MÁMOAS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)". O NOSO PATRIMONIO. Consultado o 2020-09-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquias costeiras de Carballo: Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006.