Razo, Carballo
Razo | |
---|---|
![]() Vista de Razo | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′07″N 8°43′09″O / 43.28529867, -8.71928175Coordenadas: 43°17′07″N 8°43′09″O / 43.28529867, -8.71928175 |
Poboación | 801 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Razo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños, o cal ocupa un pequeno val á beira do mar. Segundo o IGE en 2019 tiña 801 habitantes (395 mulleres e 406 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 887 habitantes.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia, situada a 9 km da vila de Carballo, destaca a praia de Razo, un areal de 1300 metros de lonxitude e de area fina, moi coñecido e visitado por turistas. Esta praia destaca polas actividades relacionadas co surf, debido a que ao ser unha praia de mar aberto, ten boas ondas para a súa práctica. Ademais, está practicamente unida coa praia lindeira, a praia de Baldaio, conformando ambas as dúas un espazo natural de enorme interese.
Tamén merecen ser visitados a capela e o pequeno porto pesqueiro situados no lugar de Santa Mariña ou a igrexa parroquial de San Martiño, situada no lugar de Nétoma.
Razo ten ademais outros lugares de grande interese a poucos quilómetros, como poden ser as localidades de Malpica e Caión, ademais da xa mencionada praia de Baldaio ou a Pedra do Sal.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Razo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Razo no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
Arnados | Cambrelle | Nétoma | Nión | Pardiñas | Razo da Costa | O Rueiro | Santa Mariña | Vernes | Vilar de Cidre |
Parroquias de Carballo[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Caión a Razo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2007.
- Parroquias costeiras de Carballo: Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006.