Noicela, Carballo
Noicela | |
---|---|
Igrexa de Noicela. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′12″N 8°37′51″O / 43.28673151, -8.63078588 |
Poboación | 413 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 413 habitantes (211 mulleres e 202 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No monte das Chanceiras atópanse as Mámoas de Carballedo, que consiste nunha necrópole formada por tres túmulos de arredor de vinte metros de diámetro cada un.
A igrexa de Santa María de Noicela é de estilo barroco. O templo, dunha soa nave, presenta campanario lateral e motivos ornamentais na fachada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Noicela
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Noicela no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
A Algara | Borrazás | O Campo | Casadelas | A Casanova | Feixe | A Guelra | A Imende | As Infantas | Nandufe | Noicela de Abaixo | Noicela de Arriba | A Pedra do Sal | A Pereira | A Perucha | O Rapadoiro | As Saíñas | A Vespilleira | Xenarde |
Parroquias de Carballo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquias costeiras de Carballo: Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006.