Artes, Carballo
| Artes | |
|---|---|
Pazo de Vilar de Francos en Artes. | |
| Concello | Carballo[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°11′36″N 8°39′24″O / 43.19327222, -8.65673611 |
| Poboación | 586[2] hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 28[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xurxo de Artes[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 tiña 586 habitantes (272 homes e 314 mulleres), 99 menos ca en 2004 (343 homes e 342 mulleres segundo o padrón municipal) e 100 menos ca en 1999. Ten 25 entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Artes podería estar relacionado co termo artesa e facer mención a unha depresión ou concavidade no terreo.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nos lindes da parroquia está o pazo de Vilar de Francos. O edificio mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Preto do pazo hai un espectacular exemplar de carballo.
Na parroquia están tamén o pazo das Pallas e a igrexa barroca de San Xurxo. Sábese da existencia da Moa Zapateira, unha mámoa localizada no casarío do Vilar.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Artes
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Artes no concello de Carballo (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Aldea | O Almacén | A Altiboa | O Alto | Armeade | Baltar | O Barral | Cabalos | A Calzada | O Campo | Choias | Os Cuartos | A Feira de Berdillo | O Forno | A Fraga | A Igrexa | As Pallas | A Pedrosa | Picoto | Os Pinos | A Pontenova | Quintela | A Telleira | Vilanova | Vilar de Francos | O Vilar | Vilarvello | O Xamozo |
Parroquias de Carballo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2020). Toponimia de Carballo. A Coruña: Real Academia Galega. p. 28-29. ISBN 978-84-17807-05-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |