Ardaña, Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ardaña")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′45.07″N 8°40′58.55″O / 43.1791861, -8.6829306

Ardaña
Igrexa de Ardaña.JPG
Igrexa e cruceiro de Santa María de Ardaña.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación641 hab. (2019)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Ardaña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2019 tiña 641 habitantes (316 homes e 325 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).

Conta cunha escola infantil en Gontade e cun centro social aínda en construción.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ardaña ocupa un fértil val moi próximo ao núcleo urbano de Carballo, encontrase no primeiro tramo da recta de Rus.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parroquia atópase unha das casas nobres máis antigas do concello: o pazo de Gontade.

Ademais, no monte da Peniqueira hai unha mámoa duns vinte metros de diámetro e duns dous de altura[2].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ardaña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ardaña no concello de Carballo (A Coruña)

Barís | O Barreiro | Carracedo | Castro | A Cesta | Esteves | Gontade | A Igrexa | Noví | A Pifaina | Quintáns | San Lois | San Mamede | Santa María | Vivente

Parroquias de Carballo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Moure, Xabier. "O NOSO PATRIMONIO: MÁMOAS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)". O NOSO PATRIMONIO. Consultado o 2020-09-17.