Dolmen de Pedra Moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°09′58.0″N 9°00′27.5″O / 43.166111, -9.007639

Carballo, Aldemunde, Pedra Moura 01-03a.jpg

O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Características[editar | editar a fonte]

O dolmen de Pedra Moura ten unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. O túmulo está desaparecido e os ortóstatos foron movidos, só dous están no seu emprazamento orixinal. O máis alto chega aos 2,30 m de altura.

Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A web de Turismocarballo.com explica así un mural pintado por Nómada nunha das rúas de Carballo: "Se inspiró en la leyenda de A Pedra da Moura de Aldemunde, según la cual las piedras del dolmen fueron acarreadas por una "moura" al mismo tiempo que amamantaba y fiaba".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]