Sancha I de Galicia: Diferenzas entre revisións
arranxiños e formato; retiro contido duplicado |
m bot Engadido: id:Sancha dari León |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
[[en:Sancha of León]] |
[[en:Sancha of León]] |
||
[[es:Sancha de León]] |
[[es:Sancha de León]] |
||
[[id:Sancha dari León]] |
|||
[[it:Sancha I di León]] |
[[it:Sancha I di León]] |
||
[[nl:Sancha van León]] |
[[nl:Sancha van León]] |
Revisión como estaba o 10 de outubro de 2010 ás 00:41
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.
Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, convirténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na Batalla de Tamarón.
Biografía
Filla de Alfonso V e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez, irmá de Vermudo III, Sancha foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Alfonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que lles transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradoxalmente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de casar co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer a infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.
A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de San Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.
Matrimonio e descendencia
Contraeu matrimonio con Fernando I, fillo do rei navarro Sancho Garcés III de Pamplona e Muniadona. De esta unión naceron:
- Infanta Urraca de Zamora (c. 1033–1101), señora de Zamora. Foi sepultada en San Isidoro de León.
- Infante Sancho (1038–1072), rei de Castela como Sancho I, e de León como Sancho II (1065–1072). Foi sepultado no Mosterio de San Salvador de Oña.
- Infanta Elvira, (¿?–1101), señora de Toro. Foi sepultada en San Isidoro de León.
- Infante Alfonso (1040–1109), rei de León (1065–1072) e de León, Castela y Galiza (1072–1109), como Alfonso VI. Os seus restos mortais descansan, na compaña da maioría das súas esposas, no Mosterio de Beneditinas de Sahagún.
- Infante García (1042–1090), rei de Galiza (1066–1071 y 1072–1073). Foi sepultado en San Isidoro de León.
Sancha I de Galicia Ordóñez Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Vermudo III | ||
Raíña de Galicia 1037–1065 |
Sucedido por Afonso VI | |
Sucedido por García II | ||
Sucedido por Sancho III |