Jan Flinterman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Flinterman

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos Países Baixos
Anos en activo 1952
Escudería(s) Maserati non oficial
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1952
Derradeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1952


Johannes Leonardus "Jan" Flinterman, nado na Haia o 2 de outubro de 1919 e finado en Leiden o 26 de decembro de 1992, foi un piloto da forza aérea neerlandesa durante a segunda guerra mundial[1] e piloto de automobilismo. Xunto con Dries van der Lof, foi o primeiro piloto dos Países Baixos en competir na Fórmula 1.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Flinterman (con lentes) xunto ao Maserati que pilotou no Gran Premio dos Países baixos de 1952.

Flinterman participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo, o Gran Premio dos Países Baixos de 1952, o 17 de agosto de 1952. Tivo que retirarse co seu Maserati cunha falla no eixe traseiro, puido cambiar ao coche do seu compañeiro de equipo, Chico Landi. Flinterman terminou a carreira no noveno lugar, sen lograr puntos de campionato.[2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1952 Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED
9 *
ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Chico Landi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Flinterman, Johannes Leonardus "Crazy Flin" at TracesOfWar.com
  2. Steve Small - "The Grand Prix Who's Who", 1996.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]