Saltar ao contido

Manu Ginóbili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emanuel Ginobili»)
Modelo:BiografíaManu Ginóbili

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Bahía Blanca, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 27 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo20 Editar o valor en Wikidata
Convocado porSan Antonio Spurs Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1996 Andino Sport Club
1996–1998 Club Estudiantes de Bahía Blanca
1998–2000 Viola Reggio Calabria
1998–2016   Arxentina
2000–2002 Virtus Pallacanestro Bologna
2002–2018 San Antonio Spurs
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmanuginobili.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: ManuGinobili Twitter: manuginobili Instagram: manuginobili Editar o valor en Wikidata

Emanuel David "Manu" Ginóbili, nado o 28 de xullo de 1977 en Bahía Blanca (Buenos Aires), é un ex xogador profesional de baloncesto arxentino, considerado como máis importante de tódolos tempos dese país. Cunha altura de 1,98 metros xogaba de escolta.

Antes de chegar á NBA, Ginóbili xogou nas ligas arxentina e italiana. En Italia co Kinder Bologna gañou dous MVP da tempada, o MVP das Finais da Euroliga de 2001 e os campionatos de liga, de Europa e de copa italiana. San Antonio Spurs escolleulle na 57ª posición do Draft da NBA de 1999, debutando en 2002. Pronto se converteu nun das xogadores claves do equipo, conseguindo o campionato da NBA na súa primeira tempada, e en tres máis: 2005, 2007 e 2014. Ademais, en 2005 e en 2011 disputou o All-Star Game e en 2008 foi nomeado Sexto Home do Ano da NBA, sendo incluído ademais no terceiro mellor quinteto da liga.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Ginóbili vén dunha familia de xogadores de baloncesto. Leandro, o seu irmán máis vello, retirouse en 2003 tras sete anos na liga arxentina, mentres que Sebastián xogou tanto na do seu país como na española, actualmente desempéñase en Liberdade de Sunchales da Arxentina. O seu pai Jorge foi xogador, adestrador e presidente do Club Bahiense do Norte de Baía Branca, onde Manu aprendeu a xogar.[1] Dada a proliferación de equipos de baloncesto en Bahía Blanca e a súa paixón por Michael Jordan, o seu amor polo baloncesto creceu rapidamente.[2]

Como moitos arxentinos, Ginóbili é descendente de inmigrantes italianos, polo que posúe a dobre nacionalidade coa Arxentina e Italia.[3] Como resultado das súas viaxes, pode falar os idiomas castelán, italiano e inglés con soltura.[4] En 2004, casou con Marianela Oroño.[5]

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Liga Arxentina

[editar | editar a fonte]

En 1995, Ginóbili trasladouse á cidade de La Rioja para xogar no Club Andino. Alí debutou por primeira vez na Liga Nacional de Básquet, o 29 de setembro dese mesmo ano fronte a Peñarol de Mar de la Plata. Esa tempada foi nomeado o mellor debutante da liga Nacional. Ao ano seguinte, volveu á súa cidade natal para xogar no Estudiantes de Baía Branca.[4] En 1997 foi seleccionado "MVP Juego de las Promesas Mar de la Plata" e nesta mesma tempada recibiu o premio ao maior progreso da LNB.

Liga Italiana

[editar | editar a fonte]

En 1998 dirixiuse a Italia para xogar dúas tempadas no Basket Viola Reggio Calabria.[4] Durante ese período, en 1999, foi elixido en segunda rolda do Draft da NBA de 1999 por San Antonio Spurs co posto nº 57. Con todo, decidiu quedar en Europa tras unha oferta realizada por parte do Virtus Kinder Bologna para xogar dúas tempadas. Aquí logrou consagrarse como un dos mellores xogadores do vello continente, xa que neste tempo gañou co seu equipo dúas Copas de Italia (2001 e 2002, sendo o MVP da segunda), unha liga italiana (2001, sendo tamén o MVP da mesma) e unha Euroliga (2001), sendo o MVP das finais.[4] Tamén foi seleccionado para xogar o All-Star en tres ocasións.[4]

Non foi até despois do Campionato Mundial FIBA 2002 en Indianápolis cando Ginóbili sumouse aos Spurs. Naquel torneo xogou contra estrelas e futuras estrelas NBA como Yao Ming, Dirk Nowitzki ou Peja Stojakovic, e foi o líder da Arxentina que logrou o segundo posto,[4] ademais de ser elixido no mellor quinteto do campionato. Sufriu unha escordadura de nocello na semifinal ante Alemaña pero aínda así tentou xogar a final, perdida contra Serbia e Montenegro. En 2002 chegou a San Antonio Spurs e xogou o seu primeiro partido na NBA o 29 de outubro fronte a Los Angeles Lakers. Na súa tempada de rookie fixo 7,6 puntos, 2,3 rebotes, 2 asistencias e 1,4 roubos de balón por partido, axudando ao seu equipo a saír campión, logrando o seu primeiro anel na súa primeira tempada. No seu primeiro ano, Ginóbili desempéñase como escolta suplente do equipo. Pasou a primeira parte da tempada lesionado, e atopou dificultades para adaptarse á NBA polo seu estilo de xogo. Despois da súa lesión Ginóbili, gañou o premio de rookie do mes en marzo na Conferencia Oeste, e foi nomeado no segundo equipo de rookies ao final da tempada.[4]

Ginóbili foi seleccionado no Draft da NBA de 1999 polos Spurs na 57ª posición.

En contraste coa súa tempada regular, Ginóbili converteuse nunha parte integral de Gregg Popovich, a rotación establecida nos playoffs, xogando en cada partido.[4] Os Spurs eliminaron a Phoenix Suns e a Los Angeles Lakers. Axudou a guiar ao seu equipo contra Dallas Mavericks nas Finais de Conferencia e máis tarde a conseguir o anel contra New Jersey Nets nas Finais da NBA para que San Antonio conseguise o seu segundo campionato. Despois da vitoria, Ginóbili gañou o seu primeiro Olimpia de Ouro da Arxentina como deportista do ano, e mesmo se reuniu co presidente arxentino Néstor Kirchner.

Na tempada 2003-04, Ginóbili comezou con máis regularidade para os Spurs, xogando como titular a partir da metade dos 77 partidos de tempada que disputou. As súas estatísticas melloraron en todas as categorías importantes, xa que fixo 12,8 puntos, 4,5 rebotes, 3,8 asistencias e 1,8 roubos por noite. Durante os playoffs, os Spurs atopáronse aos Lakers nas Semifinais de Conferencia. Por mor dunha polémica no quinto partido cando Derek Fisher anotou unha canastra ao soar a bucina faltando 0.4 segundos, os Spurs perderon o duelo e a serie por 4-2. Aínda que Ginóbili non mollo tan ben como na tempada pasada, as súas estatísticas en playoffs melloraron de maneira significativa, con 13 puntos, 5,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido.

Ginóbili co por entón Presidente da Arxentina Néstor Kirchner tras as Finais de 2005.

Despois dalgúns problemas cos Spurs debido ao seu contrato, Ginóbili renovou e iniciou a tempada 2004-05. Este ano foi elixido como reserva polos adestradores da NBA da Conferencia Oeste para xogar o All-Star Game, marcando o seu debut na elite da NBA a mediados da tempada.[4]. Durante un partido fronte aos Phoenix Suns, marcou un total de 48 puntos, sendo a mellor marca da súa carreira, e logrando a vitoria para o seu equipo. Durante os playoffs, o xogo de Ginóbili foi fundamental para San Antonio. Os Spurs derrotaron a Phoenix Suns primeiro 4-1 nas Finais de Conferencia, antes de que se impuxesen nunha moi defensiva serie de sete partidos a Detroit Pistons nas Finais da NBA. Ginóbili rexistrou as máis altas estatísticas da súa carreira, en particular 20,8 puntos e 5,8 rebotes por partido, tendo ademais a terceira porcentaxe anotadora máis alto no total de todos os playoffs.[4] Na votación polo MVP das Finais, o escolta foi un claro candidato, pero viuse desprazado polo capitán do seu equipo, Tim Duncan, terminando a tempada como o segundo líder anotador no equipo. Durante a tempada, converteuse na cuarta persoa en gañar o Olimpia de Ouro de maneira consecutiva, esta vez compartindo o premio co futbolista Carlos Tévez.[6]

A tempada 2005-06 estivo infestada de lesións para Ginóbili, sufrindo lesións de pé e nocello que obstaculizaron a súa capacidade de xogar. Xogou 65 partidos na tempada regular, pero produciu un pequeno descenso nas súas estatísticas en comparación coa tempada anterior. Durante os playoffs, tivo un xogo excelente, pero non puido evitar que os Spurs fosen eliminados polos Dallas Mavericks en Semifinais da Conferencia. Durante a tempada tivo unha media de 15,1 puntos. Na tempada 2006-07, Ginóbili axudou aos Spurs a conseguir a mellor marca da tempada. As súas estatísticas foron idénticas aos números da súa exitosa campaña 2004-05, a pesar de xogar só 36 de 75 partidos, o seu segundo nivel máis baixo desde a súa chegada a San Antonio. Nos playoffs de 2007 derrotaron a Denver Nuggets, Phoenix Suns e Utah Jazz, antes de varrer a Cleveland Cavaliers para gañar o seu terceiro anel e cuarto para San Antonio. Foi unha tempada histórica para o baloncesto arxentino, xa que foi campión xunto ao seu compañeiro de selección Fabricio Oberto.

O 6 de novembro de 2007, nun partido que disputaron os Spurs contra Miami Heat e que gañaron por 88-78, Ginobili, con 25 puntos, conseguiu exceder os 5.000 puntos na NBA, contando unicamente tempada regular. Na tempada 2007-08, as súas medias ascenderon a 19,5 puntos en 31 minutos de xogo por partido, gañando o premio ao Mellor Sexto Home. Unhas semanas máis tarde, foi incluído no terceiro mellor quinteto da liga. En playoffs, gañaron as dúas primeiras eliminatorias aos Suns por 4-1, e a New Orleans Hornets, remontando un 2-0; un 3-2 e impóndose finalmente por 4-3 a pesar dun gran Chris Paul.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Selección da Arxentina

[editar | editar a fonte]
  • Campionato Suramericano de Baloncesto: 2001
  • Campionato FIBA Américas: 2001
  • Subcampionato Mundial: 2002
  • Medalla de ouro olímpica: 2004
  • Medalla de bronce olímpica: 2008

Individuais

[editar | editar a fonte]
  • All-Star da liga italiana: 1999, 2000, 2001
  • Xogador Máis Mellorado da liga italiana: 2000, 2001, 2002
  • MVP das Finais da Euroliga: 2001
  • MVP da Copa de Italia: 2002
  • All-Star da NBA: 2005
  • Mellor quinteto do Mundial: 2002, 2006
  • Mellor quinteto dos Xogos Olímpicos: 2004
  • MVP dos Xogos Olímpicos: 2004
  • Olimpia de Ouro: 2003, 2004 (compartido con Carlos Tévez)
  • 50 maiores colaboradores da Euroliga: 2008
  • Mellor Sexto Home da NBA: 2008
  • Terceiro mellor quinteto da NBA: 2008
  1. "Mover and shaker: Motor always has been running for Spurs' Ginobili". web.archive.org. 2007-09-29. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 2021-03-17. 
  2. "Manu Ginobili - Bio". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  3. "Os 30 mellores xogadores internacionais da NBA"
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 "Manu Ginoboli Info Page - Bio". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  5. "Manu Ginobili, Spurs Guard". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2008. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  6. "Olimpia de Oro del deporte argentino para Tevez y Ginóbili". La Nación, Grupo Nación (en castelán). Consultado o 2021-03-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]