Melvin Ely
Canton Charge | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de maio de 1978 (45 anos) Harvey, Illinois |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 118 kg (261 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Thornton Township (Harvey, Illinois) |
Universidade | Fresno State (1998–2002) |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | 2002–2016 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Clippers (2002–2004) Charlotte Bobcats (2004–2007) San Antonio Spurs (2007) New Orleans Hornets (2007–2009) Denver Nuggets (2010–2011) Brujos de Guayama (2012) Texas Legends (2012–2014) New Orleans Pelicans (2014) Gunma Crane Thunders (2014–2015) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2007) |
Melvin Anderson Ely, nado o 2 de maio de 1978 en Harvey, Illinois, é un ex xogador profesional e actual adestrador estadounidense de baloncesto que é adestrador asistente dos Canton Charge da NBA G League. Con 2,08 metros de altura xogaba de pivote e de ala-pivote.
Carreira[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Baixo o mando do adestrador Jerry Tarnakian nos Fresno State Bulldogs, Ely liderou ó equipo a dúas aparicións no torneo da NCAA, no 2000 e no 2001. Ademais gañou premio ó Xogador do Ano da WAC en dúas tempadas consecutivas, 2001 e 2002.
NBA[editar | editar a fonte]
Ely foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Los Angeles Clippers. Tras dúas tempadas nos Ánxeles cun tempo de xogo limitado, Ely foi traspasado xunto ó seu compañeiro Eddie House o 14 de xullo de 2004 ós Charlotte Bobcats, a cambio de dúas eleccións de segunda rolda do Draft de 2005 o 2006. O 2 de outubro de 2006, rexeitou ofertas dos Golden State Warriors e dos Phoenix Suns para quedar nos Bobcats e asinar un contrato dun ano e 3 millóns de dólares.[1]
O 13 de febreiro de 2007, foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Eric Williams e unha elección de segunda rolda do Draft de 2009.[2] Xogou tan só 6 partidos cos Spurs, facendo 3.2 puntos e 2.3 rebotes por encontro. Gañou o anel de campión cos Spurs pese a non xogar ningún minuto nos Playoffs.
Na postempada de 2007, Ely asinou cos New Orleans Hornets un contrato de dous anos.[3][4]
En 2012, Ely asinou cos Brujos de Guayama de Porto Rico.[5]
O 27 de outubro de 2012, Ely asinou cos Dallas Mavericks.[6][7] Ó seguinte día, foi cortado, e posteriormente asinou cos Texas Legends da NBA D-League.[8]
En setembro de 2013, Ely fichou polos Memphis Grizzlies.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ESPN - Ely signs one-year, $3 million offer with Bobcats - NBA
- ↑ "Spurs Acquire Melvin Ely". NBA.com. 2007-02-13. Consultado o 2011-12-15.
- ↑ Report: Hornets sign free agent Ely to contract, September 13, 2007
- ↑ Hornets hoping Ely can deliver on potential, add depth, 13 de setembro de 2007
- ↑ Melvin Ely joins Brujos de Guayama
- ↑ http://www.spotrac.com/nba/dallas-mavericks/melvin-ely/
- ↑ "Mavericks sign Melvin Ely and Chris Douglas-Roberts". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ "Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ Grizzlies Sign Byars, Ely, Gaffney
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados en Harvey, Illinois
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos San Antonio Spurs
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Brujos de Guayama
- Xogadores dos New Orleans Pelicans