Linton Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Linton Johnson
Linton Johnson (2011).jpg
Juvecaserta Basket  – No. 43
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 13 de xuño de 1980 (39 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Providence St. Mel
(Chicago, Illinois)
Universidade Tulane (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2002
Historial de equipos
Rockford Lightning (2003)
Chicago Bulls (2003–2004)
San Antonio Spurs (2004–2005)
New Jersey Nets (2005–2006)
New Orleans/Oklahoma City Hornets (2006–2007)
Saski Baskonia (2007)
Phoenix Suns (2008)
Toronto Raptors (2008)
Charlotte Bobcats (2008)
Chicago Bulls (2009)
Scandone Avellino (2010–2013)
Dinamo Sassari (2013–2014)
Pallacanestro Varese (2014)
Pistoia Basket 2000 (2014–2015)
Juvecaserta Basket (2016)
Scafati Basket (2016–2017)
Juvecaserta Basket (2017–presente)
Premios e galardóns
1x Campión da NBA (2005)

Linton Johnson III, nado o 13 de xuño de 1980 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Juvecaserta Basket da Lega Basket Serie A.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras catro anos na Universidade de Tulane,[1] comezou a súa carreira coma profesional nos Chicago Bulls na tempada 2003-04 coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, onde xogou 20 partidos coma titular.[1] Xogou ademais para os Phoenix Suns, San Antonio Spurs, New Jersey Nets, New Orleans Hornets e outra vez nos Phoenix Suns, cos cales asinaría un contrato por dez días na tempada 2007-08.[2] Os Suns non renovaron ese contrato, e o 27 de marzo de 2008, Johnson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[1] Tras rematar este contrato, asinou outra vez polos Suns o 16 de abril de 2008.

O 11 de marzo de 2009, Johnson asinou o primeiro de dous contratos de dez días cos Chicago Bulls. Era a súa segunda etapa nos Bulls.[3] Foi fichado para o resto da tempada tras rematar o segundo contrato de dez días. O 30 de xullo de 2009, os Bulls prescindiron de Johnson.

En setembro de 2009, Johnson asinou polos Orlando Magic.[4] Foi despedido o 28 de outubro de 2009.[5][6]

En agosto de 2010, asinou co Air Avellino da Lega Basket Serie A italiana.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]