Arthur Conan Doyle
Sir Arthur Ignatius Conan Doyle, nado en Edimburgo o 22 de maio de 1859 e finado o 7 de xullo de 1930, foi un escritor escocés que acadou gran sona pola creación do personaxe de Sherlock Holmes, detective de ficción famoso no mundo enteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arthur Conan Doyle naceu nunha familia de artistas, xa que o seu avó, John Doyle (1757-1868) foi un famoso debuxante, gravador e caricaturista e seu pai tamén foi debuxante e pintor[1]. Foi o segundo de nove irmáns dunha familia vida a menos debido ao alcolismo de seu pai. A súa formación estivo marcada polos xesuítas, xa que foi enviado con nove anos a un colexio en Inglaterra e tamén pasou un ano en Austria.[2] Foi deste xeito que adquiriu sólidos coñecementos dos autores clásicos, latinos e ingleses.[3]
Doyle educouse en Stonyhurst e estudou medicina na Facultade de Medicina da Universidade de Edimburgo onde coñeceu o doutor Joseph Bell, profesor que animaba aos seus alumnos a inferir a maior cantidade de información persoal posible dos seus pacientes a partir dos detalles máis nimios que se achaban á vista. Foi o doutor Bell quen inspirou a Doyle gran parte da personalidade de Sherlock Holmes.
Ao rematar a carreira[3], en 1880, foi cirurxián no baleeiro groenlandés Hope e despois serviu como médico do exército en Suráfrica durante a Guerra dos Boer. Ao seu regreso foille outorgado o título de Sir en 1902 polos servizos prestados así como polos dous libros que escribiu sobre o conflito bélico surafricano baixo o título de The war in South Africa: its cause and conduct (A guerra en Suráfrica: as súas causas e o seu desenvolvemento).
Doyle traballou nunha consulta en Southsea entre 1882 e 1890. Antes abrira sen moito éxito un consultorio en Plymouth.[3] En Southsea coñece a que será a súa primeira muller, Louise Touie Hawkins, coa que casou en 1885,[1] e que fora irmá dun dos seus primeiros pacientes. Aínda que en xeral se considera que foi a falta de traballo na clínica o que levou a Doyle a sumerxirse na escrita, Leslie S. Klingler desbota esta teoría, xa que demostrou que o volume de pacientes atendidos na súa consulta medrara ao longo dos anos.[2]
Doyle comezou a escribir nas horas en que esperaba os seus pacientes durante os seus anos en Southsea. As dúas primeiras novelas de Sherlock Holmes que escribiu, Un estudo en escarlata (1887) e O signo dos catro (1889) obtiveron gran popularidade, pero non foi ata a aparición do primeiro relato curto do detective, "Un escándalo en Bohemia", onde o personaxe comezou a instalarse na conciencia colectiva coas proporcións dun mito. Este éxito permitiulle converterse nun escritor a tempo completo á idade de 32 anos, pero pronto se cansou da serie e intentou "matar" a Sherlock Holmes a mans do arquicriminal profesor Moriarty no seu relato "O problema final". Unha multitude de mozos británicas comezou entón a levar crespóns de loito nos chapeus e o autor viuse forzado, por petición popular, a resucitar ao seu heroe dun modo moi enxeñoso. Sherlock Holmes reaparece en "A aventura da casa baleira".
En 1891 múdase a Montague Place, en Londres, e abre unha consulta no número dous de Upper Wimpole Street, pero nesta ocasión a consulta non tiña a demanda que se esperaba.[2] Dous anos despois a súa muller enfermou de tuberculose, polo que a familia decidiu trasladarse a Hindhead, no condado de Surrey, cunhas condicións climáticas máis axeitadas para ela. Arthur coidou dela ata a súa morte, en 1906, pero namorou en 1897 da que sería a súa segunda esposa a partir do ano 1907, Jean Leckie.[2]
En 1912 outra obra, esta vez non protagonizada por Sherlock Holmes, O mundo perdido, gozou tamén de moitísimo éxito, chegando a ser adaptada ao cinema en 1925. En 1914 remataría a última das novelas de Sherlock Holmes, O val do terror. Nese mesmo ano tentou alistarse na fronte para loitar na primeira guerra mundial e, como non o conseguiu, formou unha milicia local con participantes voluntarios.[2]
Tamén continuou a escribir obras xornalísticas, como Our African Winter, que relata a viaxe realizada entre 1928 e 1929. Mesmo escribiu a súa autobiografía, publicada en 1924.[4]
Crenzas no sobrenatural
[editar | editar a fonte]Varios autores afirman que foi a morte do seu fillo Kingsley na primeira guerra mundial o que o levou a involucrarse no espiritualismo.[1][2] Doyle mantivo ao longo da súa vida un grande interese no ocultismo e foi un seguidor da corrente espiritualista da súa época. En 1916 publicou na revista Light un artigo que provocou moita controversia no que falaba das súas conviccións sobre os espíritos.[5] Chegou a facer xiras mundiais apoiando esta corrente.[2] En 1926 publicou a obra en dous tomos The history of spiritualism e no mesmo ano da súa morte publicou a obra The Edge of The Unknown.[2]
O seu libro The Coming of the Fairies (ca. 1922)[6] contiña unha serie de fotografías de fadas en cuxa veracidade el cría e no que Conan Doyle expuxo as súas teorías sobre estas criaturas. En realidade tratábase dun elaborado engano ao que se coñece como as fadas de Cottingley.
Con motivo do seu falecemento, o 12 de xullo de 1930, houbo unha cerimonia espiritualista multitudinaria no Royal Albert Hall, conducida pola medium Estelle Roberts.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]O máis afamado personaxe literario creado por Doyle foi Sherlock Holmes, que protagoniza 62 das súas obras. O chamado Canon Sherlock Holmes está formado por 60 obras, ao quedar fóra del The Field Bazaar (1896) e How Watson Learned the Trick (1924)[7]
Con todo, Doyle sempre preferiu as súas outras obras, especialmente as novelas históricas[8] como Micah Clarke, Sir Nigel e The White Company que, xunto con obras doutra índole, como Brigadier Gerard e O mundo perdido, gozaron de grande éxito de público no seu día.
Canon de Sherlock Holmes
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Un estudo en escarlata (A Study in Scarlet, novela, 1887).[9]
- O signo dos catro (The Sign of Four, novela, 1890).[10]
- O can dos Baskerville (The Hound of the Baskervilles, 1901-02, novela).[11][12]
- O val do terror (The Valley of Fear, novela, 1914-15)
Compilacións de historias
[editar | editar a fonte]- As aventuras de Sherlock Holmes (The Adventures of Sherlock Holmes, 1891-92).[13]
- Escándalo en Bohemia
- A Liga dos Cabezas Rubias
- Un caso de identidade
- O misterio do Val de Boscombe (The Boscombe valley Mystery)[1]
- As cinco pebidas de laranxa
- O home do labio torto
- A aventura do carbúnculo azul
- A banda pencada (The Adventure of the Speckled Band)[14][15]
- A aventura do polgar do enxeñeiro
- A aventura do solteirón aristócrata
- A aventura do diadema de berilos
- A aventura da quinta de Copper Beeches
- As memorias de Sherlock Holmes (Memoirs of Sherlock Holmes, 1892-93)[16].
- Penca de Prata (Silver Blaze)[17][18]
- A face amarela (The Adventure of the Yellow Face)[1][19]
- A aventura do corredor de bolsa
- A aventura do Gloria Scott
- O ritual Musgrave (The Musgrave ritual)[1]
- O enigma de Reigate
- A aventura do corcovado
- A aventura do doente internado
- O intérprete grego. (The Adventure of the Greek Interpreter)[1]
- A aventura do tratado naval
- O problema final
- O regreso de Sherlock Holmes (The Return of Sherlock Holmes, 1903-04).[20]
- A aventura da casa baleira[21]
- A aventura do construtor de Norwood[8]
- O misterio dos bailaríns (The Adventure of the Dancing Men, 1903)[18]
- A ciclista solitaria
- A aventura da escola Priory
- A aventura de Peter Negro
- O caso de Charles Augustus Milverton
- Os seis napoleóns
- Os tres estudantes
- As lentes de ouro
- O xogador desaparecido
- O crime de Abbey Grange
- A segunda mancha
- O último adeus (His Last Bow, 1908-17)[22]
- A aventura da Vila Wisteria. A estraña experiencia de John Scott Eccles
- O tigre de San Pedro
- A caixa de cartón
- Os planos de Bruce-Partington
- O pé do diaño
- O círculo vermello
- A desaparición de lady Frances Carfax
- O detective agonizante
- O último adeus
- O Arquivo de Sherlock Holmes (The case book of Sherlock Holmes, 1924-26)[23]
- A pedra Mazarino
- O problema da ponte de Thor
- O home que andaba ós catro pés.
- O vampiro de Sussex
- A aventura dos tres Garridebs
- O cliente ilustre
- O soldado esbrancuxado
- A cabeleira do león
- O fabricante de cores retirado
- A inquilina do veo
- A vella mansión de Shoscombe
As historias do profesor Challenger
[editar | editar a fonte]George Edward Challenger, o profesor Challenger, foi un personaxe central nunha serie de historias de ficción científica escritas por Sir Arthur Conan Doyle. Apareceu por primeira vez na novela O mundo perdido, que describe unha expedición a unha illada meseta en América do Sur onde criaturas prehistóricas, incluídas dinosauros, continúan vivindo.
Novelas
[editar | editar a fonte]- O mundo perdido (The Lost World, 1912)[24]
- Área tóxica! (The poison belt, 1913)[25]
- The Land of Mist (1926). Unha historia sobrenatural na que se reflectían as fortes crenzas no espiritismo de Conan Doyle.
Relatos breves
[editar | editar a fonte]- The Disintegration Machine (1927)
- When the World Screamed (1928)
Traducións galegas
[editar | editar a fonte]Nos anos oitenta, a editoral Xerais publicou unha serie de traducións galegas das súas obras, dentro da colección de literatura infantil e xuvenil Xabarín, creada en 1983. Os directores da colección foron Luís Mariño e Xose Luís Méndez Ferrín[1]. Gonzalo Navaza, Marisa Méndez Anta e Francisco Bedoya foron responsables da tradución e notas das obras recollidas nesta serie. A recompilación de seis historias titulada Sherlock Holmes, detective volveu ser editada na colección Xabaril en 2003[26]. En 2015 esta colección publicaba tamén a terceira edición de O can dos Baskerville[27].
Nos anos 90, a editorial Galaxia editou nove obras dentro da colección, deseñada por Cristina Belmonte Paccini, Biblioteca Sherlock Holmes.[28] As traducións e notas foron realizadas por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez.
Algunhas das obras protagonizadas por Sherlock Holmes foron publicadas con adaptación a distintos niveis educativos, incluíndo propostas didácticas. Este é o caso das coleccións Aula das Letras e Cucaina, que contan con traducións de Alejandro Tobar.[2][8]
A compilación máis completa é unha obra en dous volumes que inclúe nove bloques no que se inclúe a totalidade do Canon de Sherlock Holmes, publicada en 2013. Esta obra inclúe notas de Xesús Antonio Fraga Sánchez e foi traducida por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez .[29][30]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Bedoya, Francisco; Navaza, Gonzalo (1985). "Introducción". Sherlock Holmes, detective. Biblioteca Sherlock Holmes ; 12. Tradución, introdución e notas: Francisco Bedoya e Gonzalo Navaza. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 7–18. ISBN 8475071880.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Fraga, Xesús (2013). "Introdución". Sherlock Holmes anotado 1. Morgante. pp. 9–14. ISBN 9788415166467.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Baillie, Elena; Alcalá, Xavier (1986). "Introducción: AUTOR, PERSONAXES E OBRA". Estudio en Escarlata. Xerais. pp. 7–10.
- ↑ Memorias e aventuras
- ↑ Doyle, Arthur Conan (4 novembro 1916). "A New Revelation: Spiritualism and Religion". Light: A Journal of Psychical, Occult, and Mystical Research: 357.
- ↑ Doyle, A. Conan. (1922). The coming of the fairies. New York: George H. Doran company.(versión dixitalizada)
- ↑ "Canon: Stories". The Arthur Conan Doyle Encyclopedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 14 marzo 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Doyle, Arthur Conan (n.d.). "A aventura do construtor de Norwood". Dous contos de Sherlock Holmes. Lago Estévez, Sara (tr.). ATG. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (2013). Sherlock Holmes : anotado. Introdución e notas de Xesús Fraga. Cangas do Morrazo [Pontevedra]: Morgante. ISBN 9788415166467.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1995). O signo dos catro. Biblioteca Sherlock Holmes ; 2. Tradución, Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880160.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (2002). O can dos Baskerville. Biblioteca Sherlock Holmes; 6. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez (2ª. ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 8482880861.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (2007). O can dos Baskerville. Xabaril; 2. Tradución e notas, Marisa Méndez Anta e Gonzalo Navaza (1ª. ed.). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-597-9.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1995). As aventuras de Sherlock Holmes. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880179.
- ↑ "A banda pencada". Antoloxía do relato policial. Aula das Letras. Santamaría, J. e Alonso, P. (eds); Tobar Salazar, Alejandro (trad.); Tha (ilustrador) (1ª. ed.). Barcelona: Vicens-Vives. 2013. pp. 3–44. ISBN 9788468213057. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Na tradución de Bieito Iglesias e Manuela Vázquez (2013) titúlase A aventura da banda de lunares.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1995). As memorias de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 4. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880187.
- ↑ Na tradución de Bieito Iglesias e Manuel Fraga (2013) titúlase Estrela de Prata.
- ↑ 18,0 18,1 Doyle, Arthur Conan (2013). O misterio dos bailaríns; Penca de prata. Cucaina ; 12. Tha (ilustrador) ; Tobar Salazar, Alejandro (tr.) ; Jiménez Reinaldo, Jesús (actividades) (1ª. ed.). A Coruña: Vicens Vives. ISBN 9788468213002.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1996). A face amarela. Tradución, Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. D.L. VG. 765-1995.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1996). O regreso de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 5. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880845.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (n.d.). "A aventura construtor de Norwood". Dous contos de Sherlock Holmes. Lago Estévez, Sara (trad.). ATG. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1997). O último adeus. Biblioteca Sherlock Holmes ; 8. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482881191.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1997). O arquivo de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 9. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482881361.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (1997). O mundo perdido. Tradución Luis Iglesias Rábade. (1a. ed.). Santiago de Compostela: Edicions Positivas. ISBN 8487783473.
- ↑ Doyle, Arthur Conan (2016). Área tóxica!. González Ahola, Tomás ; tr. Urco. ISBN 978-84-15699-77-4.
- ↑ Álvarez Pérez, Mónica (15 xaneiro 2014). "Edicións Xerais reedita os relatos de Sherlock Holmes". elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 12 marzo 2018.
- ↑ "Sherlock Holmes. O can dos Baskerville". Base de datos de libros editados en España. ISBN 978-84-9782-597-9. Consultado o 14 marzo 2018.
- ↑ "Obra completa". Base de datos de libros editados en España. ISBN 978-84-8288-050-1. Consultado o 14 marzo 2018.
- ↑ Volume I: Un estudo en escarlata; O signo dos catro; As aventuras de Sherlock Holmes; As memorias de Sherlock Holmes. Volume 2: O regreso de Sherlock Holmes; O arquivo de Sherlock Holmes; O can dos Baskerville; O val do terror; O seu último adeus
- ↑ Doyle, Arthur Conan (2013). Fraga Sánchez, Xesús Antonio, ed. Sherlock Holmes anotado. Iglesias, Bieito, tr.; Iglesias, Bieito, tr.; Guitián, Alberto, il.; Paget, Sidney, il. Morgante. ISBN 978-84-15166-46-7. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
A Galicitas posúe citas sobre: Arthur Conan Doyle |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Arthur Conan Doyle |