Saltar ao contido

Distrito de Moroto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Distrito Moroto»)
Distrito de Moroto
 Instancia de
 Epónimo
Características
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
103.432 (2014) censo
103.639 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.537,6 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap3501830 Editar o valor en Wikidata
VIAF140883832 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05wv80 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O distrito de Moroto é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como moitos outros distritos ugandeses, o seu nome provén da súa cabeceira, Moroto.

Limita co distrito de Kaabong polo norte, coa República de Kenya polo leste, co distrito de Amudat polo sur, co distrito de Nakapiripirit polo suroeste, co distrito de Napak polo oeste e co distrito de Kotido polo noroeste. Atópase ao pé do monte Moroto. A capital de Moroto atópase aproximadamente a 210 km, por estrada, ao nordeste de Mbale, a maior cidade máis próxima.[1]

O distrito forma parte da subrexión Karamoja canda: distrito de Abim, distrito de Amudat, distrito de Kaabong, distrito de Kotido, distrito de Nakapiripirit e distrito de Napak.[2] No ano 2002, a poboación da rexión de Karamoja estimábase en 800.000 persoas.

O distrito consiste nunha chaira cuberta por unha sabana con algúns outeiros rochosos. Componse de tres condados: Bokora, Matheniko e Moroto. Está habitado polos karimojong, un grupo étnico distintivo e vivo, que mantén as súas tradicións.

A agricultura e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito. [3] Recentemente, o cultivo de Jatropha está en voga, empregándose a súa semente para producir biocombustible. A apicultura é outra actividade económica que está gañando popularidade.

O distrito é un centro de recursos minerais aínda por explotar. Hai sobre cincuenta minerais, así como pedras preciosas, diferentes na rexión de Karamoja. Destes, Moroto ten ouro, prata, cobre, ferro, titanio, manganeso, niobio, tantalita e cromo. Tamén hai mármore, mica, granate, pedra calcaria e asbestos.[4]

A poboación segundo o censo do ano 2002 estimábase, segundo se constituíu en xullo de 2010, en 77.250 persoas. Estímase que a poboación do ano 2010 é de 97.900, segundo segue a táboa.

Poboación do distrito de Moroto
AnoPoboación (estimación)
200277.250
200379.600
200482.000
200584.400
200687.000
200789.600
200892.300
200995.000
201097.900
  1. Road Distance Between Mbale And Moroto With Map
  2. Mapa de Karamoja
  3. "The Economy of Moroto District". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
  4. "Overview of Moroto District". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]