Saltar ao contido

Distrito de Buyende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Distrito Buyende»)
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Buyende

EpónimoBuyende Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°10′59″N 33°10′01″L / 1.183, 33.167
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalBuyende Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación403.486 (2024) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
ISO 3166-2UG-226 Editar o valor en Wikidata

Sitio webbuyende.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Buyende é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así por Buyende, a capital do distrito.

Limita co distrito de Amolatar polo noroeste, co distrito de Kaberamaido polo norte, co distrito de Serere polo nordeste, co distrito de Kaliro polo leste, co distrito de Luuka polo sueste, co distrito de Kamuli polo sur e co distrito de Kayunga polo oeste.

Este distrito entrou en funcións o 1 de xullo de 2010. Anteriormente formaba parte do distrito de Kamuli. Unha das principais razón para a súa creación era a distancia que había desde as rexións do norte do distrito até Kamuli, onde estaba a capital.

O novo distrito é principalmente rural, con pobres infraestruturas e sen hospital. Forma parte da subrexión de Busoga, que posúe uns dous millóns e medio de habitantes. O distrito, que antes era o condado de Budiope, segundo o censo do ano 2002, tiña unha poboación estimada de aproximadamente 191.300 habitantes.[1]

  1. "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2012.