Distrito Bududa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°01′N 34°20′L / 1.017, -34.333

O distrito Bududa é o número 49.

Bududa District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa capital, Bududa. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación darredor de 123.100 habitantes.

A lingua principal falada no distrito é o lumasaba.

Limita co Distrito Sironko polo norte, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Manafwa polo sur e co Distrito Mbale polo oeste.

Este distrito foi creado no 2006. Anteriormente formaba parte do Distrito Mbale e logo do Distrito Manafwa. Divídese nun condado, dezaseis subcondados e un concello. Ten oito áreas urbanas en crecemento en proceso de se converter en concellos, estes son:

  • Bududa
  • Bukalasi
  • Bushiika
  • Bumayoka
  • Bunamubi
  • Kyikholo
  • Bulucheke
  • Bukigai

O distrito ten unha altitude media de 1.800 m sobre o nivel do mar. Ten un relevo característico de montañas, desfiladeiros e bosques de bambú. É unha zona chuviosa sen estación seca. O Parque nacional do Monte Elgon cobre aproximadamente o 40% do distrito.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é a actividade principal do distrito. O fértil solo volcánico así como as abundantes choivas así o permiten.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]