Distrito Sironko
| Epónimo | Sironko (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Sironko (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 298.363 (2024) | ||||
| Lingua usada | Língua Karamajong (pt) Língua ateso (pt) Língua masaba (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 421 km² | ||||
| Altitude | 1.420 m | ||||
| Creación | 1 de xullo de 2000 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | UG-215 | ||||
| Sitio web | sironko.go.ug | ||||
Sironko District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Sironko. Foi creado como tal no ano 2000 e anteriormente formaba parte do Distrito Mbale.
Limita co Distrito Bulambuli polo norte, co Distrito Kapchorwa e co Distrito Kween polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Bududa polo sueste, co Distrito Mbale polo suroeste e co Distrito Bukedea polo oeste.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 291.900 habitantes. A maioría da xente do distrito pertence ao grupo étnico bagisu e o lugisu é a lingua máis empregada.
Ten unha área total de 1.091 km2[1] e ten unha altitude sobre o nivel do mar que vai desde os 1.299 m até os 1.524 m.[1] Sironko é a maior poboación do distrito. Outros centros importantes son Mafuni, Nakaloke, Mutufu e Budadiri.
A principal actividade económica do distrito é a agricultura.[1]
Parte do Parque Nacional do Monte Elgon atópase dentro do distrito.
Condados
[editar | editar a fonte]O distrito divídese en dous condados: Budadiri e Bulambuli, así como en dúas municipalidades: Sironko e Budadiri. Ambos condados pódense debullar logo en 18 subcondados:
| Condado Budadiri | Condado Bulambuli |
|---|---|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Uganda Districts Information Handbook: Expanded Edition 2005-2006, Fountain Publishers, 2005, p. 76. ISBN 9970-02-429-9.
