Distrito Bugiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°33′N 33°45′L / 0.550, -33.750

Localización do Distrito en Uganda.

Bugiri District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bugiri. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de arredor de 266.900 persoas.

Limita cos Distritos Namutumba e Butaleja polo norte, co Distrito Tororo polo nordeste, co Distrito Busia polo leste, co Distrito Namayingo polo sueste, co Distrito Mayuge polo suroeste e co Distrito Iganga polo oeste.

Este distrito formouse a partir do Distrito Iganga, ao que pertencían as súas terras. O relevo caracterízase por suaves outeiros con altos illados. Tamén é de destacar o feito de que gran parte do territorio se encontra na conca que drena os Lagos Lago Victoria e Kyoga. Como consecuencia disto hai moitos regatos que cruzan a rede de estradas, facendo o seu mantemento moi custoso. En xullo de 2010, a parte sur do Distrito foi separada para formar o Distrito Namayingo.[1]

O Distrito forma parte da subrexión Busoga, o que vén sendo o Reino Busoga, un dos reinos recoñecidos de Uganda.

Economicamente, a agricultura é a principal actividade, como sucede no resto do Estado, aínda que aquí, a Tilda Uganda Limited (TUL), unha compañía pertencente ao Grupo Madhvani, cultiva arroz na parte leste do distrito, así como tamén merca o que a xente produce.

Debido á abundancia de corpos de auga no distrito, a pesca comercial é unha actividade amplamente practicada tamén.

Notas[editar | editar a fonte]